As Tanxugueiras triunfan en Benicàssim e Madrid

Após actuar no levante, chegan á capital do Estado para participar esta noite na PreParty de Eurovisión.
As Tanxugueiras brillaron no escenario do Festival de Benidorm na final do certame (@PlanetESC).
photo_camera As Tanxugueiras brillaron no escenario do Festival de Benidorm na final do certame (@PlanetESC).

O público do SanSan Festival de  Benicàssim (Castelló) gozou, na segunda xornada do festival, dos espectáculos de  Rozalén,  Kase.0 Jazz  Magnetism e Tanxugueiras, entre outras artistas, nunha velada na que houbo sorpresas de familiares e homenaxe a Miguel Hernández.

Nun certame que congregou 40.000 persoas en tres días, Tanxugueiras colleron a testemuña da manchega Rozalén no escenario  Benicàssim nun espectáculo brillante de luces, coreografías, pandeiretas, electrónica e percusións co que fixeron historia ao achegar ao público festivaliero a súa proposta en galego e de raíz tradicional con cancións que foron desde o máis enérxico a delicadas  capelas.

PreParty

Hoxe, o trío galego desprazouse até Madrid para participar, desde as 22 horas da noite na PreParty organizada por Eurovision Spain e na que estarán case unha trintena dos 40 participantes no festival o próximo mes de maio.

"Temos moitísimas gañas de tocar hoxe alí e de volver a ver a todos e todas as eurofans, que tanto nos apoiaron para fechar esta andaina de Eurovisión que tanto nos está a dar", sinalou Aida Tarrío, membro do grupo.

Ademais, xunto con elas estará a gañadora do evento musical en 2016, a ucraína Jamala, unha das persoas que fuxiu do país tras o inicio do conflito bélico.

Comentarios