Elas son Artistas consolídase como referente da igualdade na cultura

Perto de catro mil asistentes visitaron os oito concellos da área metropolitana da Coruña para gozar dun vibrante escenario cun gran elenco de artistas femininas.

Alice Wonder no Teatro Colón. (Foto: María Simón)
photo_camera Alice Wonder no Teatro Colón. (Foto: María Simón)

A sexta edición do ciclo metropolitano pola igualdade na música e as artes, Elas Son Artistas, chegou á súa conclusión a finais do pasado ano despois de seis meses de celebración en oito concellos da área metropolitana da Coruña, desde abril ata novembro. Este evento cultural, que experimentou un crecemento constante, demostrou en 2023 ser moito máis que un festival de entretemento; converteuse nunha poderosa plataforma de reivindicación pola igualdade de xénero nas industrias culturais. 

Co apoio e a participación de perto de catro mil persoas, Elas Son Artistas estabeleceu un récord de asistencia en comparación con edicións anteriores, consolidándose como un evento cultural relevante na área metropolitana da Coruña. Un festival que celebrou a súa sexta edición grazas tamén ao apoio institucional dos concellos que participaron -Arteixo, Bergondo, Betanzos, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada-, pero tamén grazas á suma a nivel patrocinio de empresas privadas. 

O que comezou como un modesto festival evolucionou para abarcar unha ampla gama de disciplinas artísticas, grazas a proxectos liderados por mulleres. Ademais da música en vivo, o ciclo promoveu a expresión artística a través de instalacións de arte, exposicións, poesía, documentais e talleres creativos, enriquecendo así a experiencia dos asistentes e ampliando a súa comprensión da creatividade feminina en todas as súas formas. 

Entre os momentos máis destacados, hai que salientar a actuación de Alice Wonder no Teatro Colón, que atraeu a un público abafador e subliñou a influencia das mulleres na música contemporánea. 

A colaboración especial entre Mercedes Ferrer e Aurora Beltrán na Sala Garufa Club tamén foi un punto culminante que demostrou a importancia da unión entre artistas. Ademais, o evento Reinas Malas, con Lucía Veiga, Marita Martínez, Diana Sieira e Ángela Triana, resaltou a diversidade de voces dentro dos espectáculos de humor e teatro. 

A Coruña tamén acolleu tamén un Obradoiro de Regueifas da man de Lupe Blanco e súa destreza no regueifa e a súa capacidade para conectar coa audiencia. Ao igual que fixeron Su Garrido Pombo e Raquel Germade,  Cris Regueiro & The Neo Band levaron o jazz ao corazón do ciclo. Sen esquecer as actuacións de Audrä e Carolina Rubirosa no Concello de Betanzos. 

A Fundación Luís Seoane acolleu a estrea do documental Emoción, vida e teatro, que , dirixido por Cris Andina e Saamira Ganay, explora o poder transformador do teatro como intervención social. 

Comentarios