A Deputación da Coruña financia investigacións feministas na USC

A deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, asinou esta quinta feira un convenio co reitor da USC, Antonio López, par aa colaboración entre ambas institucións na programación de actividades do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas (Cifex) –que investiga cuestións específicas referidas ás relacións de xénero–, subvencionada pola Deputación nun 70%, cun investimento de 35.000 euros.
González e López, esta quinta feira. (Foto: Nós Diario)
photo_camera González e López, esta quinta feira. (Foto: Nós Diario)
Comentarios