#RosalíaTe e máis

Empeza a escoitarse o zunido de febreiro, o mes rosaliano que cada ano chega con máis actos de recoñecemento da poeta. 

DiaDeRosaliaDeCastro
photo_camera Cartel da AELG para o Día de Rosalía

A AELG xa fixo públicos os actos de celebración do 24 de febreiro, no que novamente insta a agasallar un libro en galego e unha flor. Alén disto, promoverá que os centros de ensino de toda Galiza realicen lecturas da obra rosaliana e outro tipo de actividades. 

Na rede propón celebralo baixo o cancelo (hashtag) #RosaliaTe. E o acto central terá lugar no Panteón de Galegos Ilustres o domingo 19 de febreor ás 12 da mañá. 
A AELG está elaborando o seu manifesto anual para esta celebración, que se lerá ás 12.00 do domingo 19 de febreiro no acto central no Panteón de Galegos Ilustres.

Concurso de recitado

Mentres, a Casa-Museo Manuel María organiza a terceira edición do concurso escolar de recitado de poesía 'Rosalía sempre viva'. Este certame, orientado ao contacto  e o traballo escolar coa obra poética de Rosalía de Castro e de Manuel María, está dirixido a todo o alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato. 

Este ano cúmprense os 180 anos do nacemento de Rosalía, así que se agardan máis actividades na súa honra, ademais da iniciativa do Concello de Santiago de poñerlle o nome de Rosalía ao aeroporto da cidade.