Dá comezo a XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Esta quinta feira comezan os desfiles de grandes deseñadores.
Pezas do 'gran deseñador' Jose Matteôs, esta cuarta feira no desfile da Mostra de Encaixe de Camariñas. (Foto: Mostra de Encaixe)
photo_camera Pezas do 'gran deseñador' Jose Matteôs, esta cuarta feira no desfile da Mostra de Encaixe de Camariñas. (Foto: Mostra de Encaixe)

Esta cuarta feira arrincou en Camariñas a triséximo segunda edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que contará, até o domingo 9 de abril, con máis desfiles que nunca: con trece grandes deseñadores, algúns xa consolidados e outras novidades, corenta noveis deseñadores, once artesáns do Artencaixe, o novo desfile de ReEncaixando, as Delegacións Internacionais, o PequEncaixe, as Encaixeiras Sénior...

A inauguración oficial, que tivo lugar no pavillón da Mostra do Encaixe, interviron a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a subdelegada do Goberno, María Rivas; e o delegado da Xunta de Galiza na Coruña, Gonzalo Trenor. 

A apertura da trixésimo segunda edición da Mostra decorreu unha hora antes, ás 15 horas, momento no que se iniciou o tradicional encontro de encaixeiras e encaixeiros da Costa da Morte no que tamén participou o alumnado das escolas infantís municipais.
Ás 18 horas celebrouse o desfile PequeEncaixe, para posteriormente dar paso ao desfile de Grandes Deseñadores ‘A’ e ‘B’, que viu precedido da estrea das ‘Cancións Dance Camariñas’, unha iniciativa que supuxo unha sorpresa para todas as persoas asistentes. 

Deseñadores e coleccións

A partir de hoxe comezarán os desfiles de grandes deseñadores entre os que estarán José Matteos, Modesto Lomba, Dolores Cortés ou Sara Lage. Non faltarán os desfiles do concurso de noveis deseñadores que tódolos anos deixa propostas innovadoras.

Unha das novidades será o novo desfile, bautizado como ReEncaixando, no participarán 15 rapaces e rapazas que formaron parte do Concurso de Noveis Deseñadores na pasada edición da Mostra.

No ArtEncaixe poderán verse coleccións de Suso Calo e Estilo Aramar, que repiten no evento, e Ondas do Mar, unha firma local que se estrea este ano. Haberá outras propostas como as de Arteviares, especializada na artesanía en vidro, e Janet Schulz, que traballa cos tocados de noiva. 
Nesta edición participará tamén o alumnado da escola de Arte Superior Mestre Mateo e os oleiros de Buño.

Entre as actividades paralelas destaca o monólogo de Xosé Antonio Touriñán na tarde do sábado ou as presentacións literarias de Ainhoa Conde, Ana de las Heras e Alfonso de Sas con Galiza e o mar como contexto nas súas obras.

Comentarios