Música

O país dos mil e un festivais

Tan complexo como facer un mapa das festas populares é mapear os festivais musicais do país. Medran como cogomelos e hai poucos concellos sen o seu. Pero hai algúns que son xa referencia internacional.

SinsalSonEG2015
photo_camera Unha edición pasada do SinSal

O peor de ir de vacacións fóra do país é perder todo o fervedoiro de festas e festivais que hai de norte a sur e de leste a oeste. E do folc de Ortigueira ao metal do Resurrection pasando polo indie-mainstream de Portamérica ou a proposta delicatessen para minorías de Sinsal.

2O certo é que co avance da xestión cultural no país cada vez as apostas están máis traballadas e foxen máis do festival masivo con botellón, acampada e psicotrópicos para xente nova. Un bo exemplo é o Sinsal (Illa de San Simón, 21-23 xullo), que levou xa dous premios Iberian Festival Awards e o recoñecemento ao mellor festival de pequeno formato do Estado español nos Premios Fest. Un evento que conta con semellante grao de fidelización que o cartel é segredo e aínda así, esgótanse as entradas -escasas, iso si- nada máis poñérense á venda.

Outro exemplo de éxito é o Resurrection Fest (6-8 xullo, Viveiro), un evento dunha música non maioritaria que naceu de forma amadora da man de dous irmáns mariñaos que, once edicións despois, se converteu no máis grande festival do país. E, tamén, recoñecido pola crítica: o ano pasado acadou o galardón ao mellor festival de gran formato nos Premios Fest. Esta fin de semana o cartel estará encabezado por Rammstein, pero por Viveiro xa pasaron xigantes como Iron Maiden, Motorhead ou Bad Religion.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 253, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Comentarios