Mini e Mero din adeus: sepáranse “por diferenzas persoais”

Poñen fin non só a 46 anos de partillar proxectos musicais mais tamén a 56 de amizade.

miniemero

Fuxan Os Ventos, A Quenlla, Mini e Mero. Unha liñaxe sen a que non se pode entender a ‘canción de intervención’ en Galiza. Parecía que Mini e Mero (como dúo ou noutros proxectos) ía durar para sempre. Mais non foi así. Recoñéceo Mero  (Baldomero Iglesias) nunha entrevista en El Progreso onde confirma a disolución que pon fin a "56 anos de amizade" e 46 de partillar proxectos musicais. Unha fin que chega "por diferenzas persoais". Unha fin que, engade nesa entrevista, “"non ten nada que ver coa política".

A separación oficialízase publicamente agora, mais vén de hai máis dun ano, a súa última actuación foi en outubro de 2017, na Feira Medieval do San Froilán.

Segundo recolle El Progreso, Mini (Xosé L. Rivas) recoñece que existiu "un desencontro" con Mero, mais non quer afondar no tema: "É unha cuestión persoal".

Comentarios