O Festival Amal comeza baixo o lema "Ninguén está a salvo"

A Semana de Cine Euroárabe decorrerá do 23 ao 25 de outubro no Teatro Principal de Compostela

Miriam Louzao, Ghaleb Jaber e Anxo M. Lourenzo (Foto: Nós Diario).
photo_camera Miriam Louzao, Ghaleb Jaber e Anxo M. Lourenzo.

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas presentou onte no hotel Eurostars Araguaney de Santiago a 21ª primeira edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL. Interviñeron o presidente da Fundación e director da Semana de Cine Euroárabe AMAL, Ghaleb Jaber Martínez; o director xeral de Cultura da Xunta de Galiza, Anxo M. Lorenzo; e a concelleira de Cultura de Santiago, Miriam Louzao. 

Esta edición está marcada polos últimos acontecementos no mundo árabe. Baixo o lema “Ninguén está seguro”, e cunha imaxe negra sombría, esta edición de AMAL rende homenaxe ás miles de persoas falecidas na traxedia do terremoto de Marrocos, que sacudiu o país o pasado 8 de setembro co seu epicentro na cidade ​de Ighil; ás da cidade libia de Derna, onde a auga destruíu todo o que estaba ao seu paso, incluídas innumerábeis vidas humanas. E un mes despois, Jaber Martínez falou de como as bombas están a destruír os soños "do sempre esquecido pobo de Palestina". 

 

Cinco filmes

A semana de cine celebrarase entre o 23 e o 28 de outubro no Teatro Principal de Santiago. O primeiro día, terá lugar unha charla inaugural gratuíta sobre Palestina, na que se dará conta do que está a suceder en Gaza, cunha contextualización dos eventos acaecidos nestes días. 
Proxectaranse cinco filmes -catro de ficción e un documental- nunha única proxección ao día ás 21 horas. 

A primeira sesión de AMAL 2023 será o día 24, coa longametraxe de ficción Conspiración no Cairo; o día 25 será a quenda da película Entre as figueiras; o día 26 poderá verse o fime O sabio; o día 27 proxectarase o documental Little Palestine, Diary of a Siege; e o sábado 28, a ficción O caftán azul

Trátase dunha selección que mestura diferentes xéneros e diferentes visións de creadores do mundo árabe, reflectindo as súas múltiples culturas. Viaxaremos a Exipto, Túnez, Palestina ou Marrocos, e a recadación destinarase, a través da Cruz Vermella, aos afectados polo terremoto de Marrocos e as inundacións en Libia”, engadiu Ghaleb Jaber. 

Comentarios