Santiago Auserón fechou o ciclo musical dos 'Xoves de Códax'

A mestizaxe musical e cultural marcou os concertos.
A adega Martín Códax acolleu onte o derradeiro concerto do ciclo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera A adega Martín Códax acolleu onte o derradeiro concerto do ciclo. (Foto: Nós Diario)

“Os Xoves de Códax” chegaron á súa fin onte co espectáculo Luces de la frontera de Santiago Auserón, antigo vocalista de Radio Futura e creador do seu alter ego Juan Perro, que mesturou  a súa música con contos, poesía e humor. 

Auserón -que actuou co exclusivo acompañamento da súa guitarra-, tras pasar tres décadas investigando, como Juan Perro, nas conexións musicais entre tres continentes, vén de dicirlle adeus ao seu personaxe Juan Perro para iniciar un novo proxecto máis aberto á improvisación: Santiago Auserón y su Academia Nocturna. 

Non era a primeira vez que o músico zaragozano actuaba na terraza das adegas Martín Códax, no mesmo ciclo, e a súa experiencia quedou reflectida nas alusións aos xoglares e trobadores das rías galegas debulladas durante a súa actuación.

 

Xoves de Códax 

O ciclo musical “Os Xoves de Códax” chegaron á súa décima edición este ano, cun programa marcado pola mestura musical e cultural no que estiveron presentes o flamenco, a música indie, a música de autor e o pop e o rock. 

Polo escenario de Cambados pasou un nutrido grupo e músicos flamencos -Josemi Carmona, Estrella Morente, El Paquete, David de Jacoba, El piraña, El Montoyita e El Yiyo- invitados polo percusionista compostelán Moises Fernández, que abriu o ciclo.

A seguir, a cantante Antía Muiño convidou o cuarteto musical Las Migas a facer música de fusión. O multi instrumentista Pablo Lesuit fixo o propio coa banda colectivo Panamera. E, finalmente, foi o batería galego Miguel Lamas quen invitou á banda Maldita Nerea a compartir escenario. Santiago Auserón púxolle o ramo a edición 2023 dos Xoves de Códax. 

O ciclo de concertos serviu, por outra parte, para presentar a edición especial do Martín Códax Albariño 'Fragmentos de Onte', unha colección de 6 botellas únicas cunha selección de fotografías da estadounidense Ruth Matilda Anderson

 

Comentarios