A cultura marítima do país homenaxea Rosalia de Castro

A 'Inchadiña branca vela' chega a 10ª edición
Embarcacións nunha edición anterior do encontro.
photo_camera Embarcacións nunha edición anterior do encontro.

Barcos de todo o país uniranse este sábado á reunión "Inchadiña branca vela", nunha homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro. Subirán Ulla e Sar embarcacións de toda  a Galiza, convocadas pola Fundación Rosalía de Castro e a Asociación Cultural Dorna da Arousa.

Nesta décima edición da Inchadiña virán 34 embarcacións de todo o país, de diferentes tipoloxías e procedencias: un volanteiro da Guarda, o Piueiro: unha gamela da Guarda, o Minxos; un galeón da Arousa, o San Pedro; un bote de Ribadeo, o Xoulón; un bote da ría de Vigo, a Barola; dúas bucetas: a Cadórniga do Ézaro e Támara do Freixo; ademais de 27 dornas das rías de Arousa e de Pontevedra.

O percorrido será o habitual: as barcas subirán ás 16.30 horas desde a praia fluvial de Vilarello en Cordeiro (Valga) até Padrón, onde se lle renderá unha homenaxe a Rosalía diante da súa estatua no Espolón de Padrón.

A actividade, celebrada por primeira vez en 2013 para celebrar o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos, xurdiu como iniciativa das xentes da cultura marítima para honrar unha autora que falaba nesta obra das dornas que subían Ulla arriba no seu tempo.

Comentarios