Compostela homenaxea Rosalía no lugar onde naceu

Coa presenza do alcalde e do presidente da Fundación Rosalía.

Rosalía de castro concello
photo_camera (Foto: Casa Rosalía)

Compostela, a cidade onde naceu Rosalía de Castro, tampouco quixo faltar á súa cita co día no que se conmemora á escritora galega máis universal. Unha ofrenda floral na aínda denominada Praza de Vigo,  no lugar onde estaba situada a casa na que naceu Rosalía, foi o acto central.

Alí estiveron o alcalde, Xosé Bugallo, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; así como alumnos dun centro de ensino compostelá que recitaron versos da escritora.

Como sinalou Anxo Angueira na presentación esta terza feira do número cinco da revista Follas Novas. Revista de estudos rosalianos,  "Rosalía está viva, na sociedade, para investigación, na rúa, na escola, nas academias, nas institucións…" Para a concelleira, "a Rosalía de Castro, hai que reivindicala e celebrala todos os días. Cada día descubrimos cousas novas sobre ela. E temos que traspasar eses perfís múltiples que ten" ás novas xeracións "porque ela é eterna".

Comentarios