Após a grande afluencia de asistentes na primeira xornada do Festival Revenidas de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), chega un dos días máis esperados, o sábado, que ten no parque de Dona Concha o epicentro durante o día. Así, ás 10h comezou a feira Revenida, e ás 13, 15h e 17h terán lugar os Concertos A Bordo.
Os Terribles de Arousa, Recuncho Dub, Bloco Aperta Galifunk Brass e Gran Gala Circo Flores contra o esquecemento tamén porán a nota musical ao longo da xornada, que se completa con dúas sardiñadas populares e con cociña ao vivo.
Xa á noite, a partir das 21h, será a quenda de Doen, Riot Propaganda, Desakato, Skindread, Pupil-Les e Dakidarría. Un DJ porá o broche de ouro á festa do sábado, que se prolongará alén das 4h.
Domingo
A Feira Revenida volverá abrir de 10h a 22h, e ás 13h comezará o concerto de De Vacas, un dos grupos revelación do panorama musical nacional. Os Concertos A Bordo, Recuncho Dub,
Sara Hebe, Voodoo, Auxili, O Leo arremecághona, La Duendeneta, Txarango, Zapa e Bohemian betyars serán as bandas que actuarán na derradeira xornada da presente edición.
Unha das citas ineludíbeis do verán
Tamén coñecido como o Festival das Linguas, o Revenidas converteuse nunha referencia no noso país pola súa aposta na música feita en galego, xunto coa presenza de grandes bandas destacadas internacionalmente. O seu propósito, desde o seu nacemento en 2003, segue vixente: “o compromiso do festival co país, coa nosa cultura e coas persoas que fan que exista”.
As entradas poden adquirirse na seguinte ligazón.