Un xute de carrabouxos no Viñetas desde o Atlántico

Xosé Lois González Vázquez, o Carrabouxo, asina exemplares do seu novo libro, Carrabouxos escollidos, esta sexta feira, 13 de agosto, na caseta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
Detalle da capa de 'Carrabouxos escollidos', por Teófilo Edicións.
photo_camera Detalle da capa de 'Carrabouxos escollidos', por Teófilo Edicións.

O Carrabouxo viaxa esta sexta feira á Coruña para presentar e asinar exemplares da súa última recompilación, "unha escolma atípica de carrabouxos".

Carrabouxos escollidos é o título da obra, e responde a uns criterios de selección "nunca antes utilizados nas miñas anteriores publicacións, que sempre atinxían a delimitacions periódicas segundo as datas de publicación das viñetas no xornal La Region", lembra o autor.

Así, o lector baterá de cheo co enxeño do seu personaxe principal sen marcas temporais nin temáticas, nunha escolla de viñetas realizada polo editor do volume de entre todas as que participaron na exposición 'Nadal de Carrabouxos', exhibidas nos escaparates comerciais de Ourense no Nadal de 2019.

Un xute de carrabouxos

"Un xute de carrabouxos para ler do tirón" e rir a esgalla, esta mesma sexta feira, 13 de agosto, no Festival de Banda Deseñada da Coruña.

O Carrabouxo e as súas viñetas 'escollidas' por Teófilo Edicións sobre festas tradicionais, medicina, gastronomía, agro, cultura, infancia, relixion, lingua... na caseta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración entre as 18 e as 20 horas.

Comentarios