sábado 19/09/20

O goberno de Abel Caballero desoe o pleno municipal e a veciñanza

Rexeita dar cumprimento á moción aprobada pola Cámara municipal na que se insta á paralización das obras na rotonda. 

[Imaxe Cristian López / VigoDixital]
[Imaxe Cristian López / VigoDixital]

A veciñanza de Coia acudiu esta segunda feira (22 de decembro) ao pleno municipal para amosar o seu rexeitamento ás obras na rotonda da rúa Castelao. Con motivo dunha moción presentada polo grupo municipal do BNG, na que demandaron a paralización dos traballos e a devolución do seu aspecto inicial á glorieta, integrantes da asemblea de Coia manifestaron a súa opinión ao respeito perante o alcalde Abel Caballero. 

Apupos e berros desde as cadeiras do público amosaron ao rexedor vigués que a veciñanza deste barrio non concorda co gasto de 600 mil euros que supón a colocación do Bernardo Alfageme na rotonda. Un gasto que califican de "despilfarro" cuxa contía instan a investir en axudas e prestacións sociais. 

Porén, para Abel Caballero as persoas que se manifestaron no pleno eran "12 reventadores profesionais da 12" e "doce veciños de 300 mil". Unha opinión que lle fixo reanudar o debate após a policía municipal identificase e mesmo cachease a boa parte da veciñanza presente no salón de plenos. 

A moción presentada polo BNG foi aprobada cos votos a favor do grupo municipal do PP mais o goberno de Caballero non a aplicará

De costas á veciñanza e co rexeitamento de PP e BNG o grupo municipal do PSOE e o goberno local defenderon a continuidade das obras e a colocación do barco Alfageme na rúa Castelao. O contrario sería, segundo @s socialistas, "afundir un importante patrimonio da cidade". 

Malia o rexeitamento do PSOE, a moción presentada [email protected] nacionalistas saiu adiante co apoio [email protected] edís do Partido Popular que demandaron ao goberno de Caballero escoitar a veciñanza. “Vivimos neste concello un feito pouco habitual: non só o goberno non decide atender a decisión do goberno, senón que decide facer exactamente o contrario do que se pediu democraticamente no pleno”, dixo a voceira do Bloque, Iolanda Veloso. 

comentarios