As confrarías arousás acusan a Consellería de ‘’arruinar” a Ría e ‘’menosprezar’’ os mariñeiros

Consideran que a conselleira ‘’pensa máis nas eleccións’’ que nos problemas que atravesa o sector, que foron en aumento e amezan “o futuro” de centos de empregos.

mar

Representantes das confrarías da Ría de Arousa dan por perdido este ano e o seguinte para o marisqueo, unha actividade que nesta zona supón miles de empregos directos e inducidos, unha situación da que responsabilizan a Consellería do Mar, cara á que dirixen o seu malestar polas constantes “mentiras” e polo “desleixo” do departamento para afrontar os problemas deste sector.

Os pósitos arousáns culpan a Consellería de “arruinar” a Ría por non adoptar medidas perante as graves mortandades de marisco bivalvo que desde hai varias campañas sobre esta zona. Ante unha situación que requería actuacións correctoras adecuadas e en tempo, Mar -sinala o sector- optou por “promesas que ficaron en papel mollado”. Para os representantes de mariscadoras e mariñeiros, este departamento da Xunta “menospreciou” e “ninguneou” os representantes das e dos traballadores do mar e a estes colectivos.

Non só o a morte de marisco é o problema

A mortalidade de ameixa e berberecho, recursos que sosteñen miles de empregos directos e indirectos entre o Barbanza e O Salnés, non é o único problema que afronta o sector, como lembran os seus representantes: a falla de compromiso na rexeneración e posta en valor dos bancos marisqueiros, a carencia dun saneamento adecuado da Ría, as diferenzas sobre a loita contra o furtivismo... son tamén cuestións sobre as que levan tempo demandando medidas, sen resposta.

Consideran que Rosa Quintana, conselleira do Mar, “pensa máis nas eleccións” que no sector, din as confrarías, que piden unha xuntanza con carácter urxente co vice-presidente da Xunta, Alfonso Rueda,.

Ameazan con medidas “contundentes” e “difíciles de controlar”

E desde os pósitos xa advirten que son partidarios de esgotar toas as vías de diálogo. Mais se se mantén o “desinterese” e falla de solucións da administración, apuntan a que o sector considerase lexitimado para exercer medidas de presión “máis contundentes” e “máis difíciles de controlar”.

Comentarios