zonas húmidas

Contaminación provocada pola mina de Touro no tramo medio do río Portapego (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

O Parlamento Europeo aproba a Lei de Restauración da Natureza: estas son as obrigas que estabelece

A norma protexerá ríos, pasteiros, bosques e zonas húmidas.
A Lagoa de Antela, na Limia (Foto: Ecoloxistas en Acción).
Medio Ambiente

A campaña 'Humidais para a Vida' de Ecoloxistas en Acción axuda a pór freo á "desfeita eólica"

Desde o comezo da súa campaña, Ecoloxistas en Acción leva realizados "numerosos informes hidrolóxicos" sobre as afeccións ás zonas húmidas galegas pola plantación de eucaliptos e pola implantación sen planificación dos parques eólicos.
Moitos ríos nacen e discorren polas montañas da serra da Groba. (Foto: Roberto Regatos)
Medio Ambiente

'Humidais para a vida': Ecoloxistas en Acción cataloga zonas húmidas para as que pide "protección urxente"

O colectivo ambientalista entregará á Xunta da Galiza un catálogo de humidais da provincia de Pontevedra co obxectivo de dotalos dunha figura de protección. Para iso deben previamente incluírse no Inventario que o Goberno mantivo tres lustros baleiro e no que o pasado marzo engadiu 400 zonas húmidas de entre as máis de 1.100 avaliadas polo Ibader.
As turbeiras da serra do Forgoselo, na comarca de Ferrolterra, foron incluídas no Inventario de Zonas Húmidas da Galiza. (Foto: Xeoparque Cabo Ortegal)
SOCIAL

Ecoloxistas denuncian a desprotección pola Xunta de 700 zonas húmidas

Os ambientalistas sitúan o inventario de humidais "imprescindíbel"
As turbeiras da serra do Forgoselo, na comarca de Ferrolterra, foron incluídas no Inventario de Zonas Húmidas da Galiza. (Foto: Xeoparque Cabo Ortegal)
SOCIAL

Denuncian que a Xunta deixou "importantes humidais" fóra do Inventario galego de zonas húmidas

“É un primeiro paso [a inclusión de 400 humidais nventario de zonas húmidas da Galiza] para preservar estas zonas de alto valor ecolóxico, pero será un paso baldío se logo non se lles outorga ningunha figura de protección ambiental”, indican desde Ecoloxistas en Acción.
As turbeiras da serra do Forgoselo, na comarca de Ferrolterra, foron incluídas no Inventario de Zonas Húmidas da Galiza. (Foto: Xeoparque Cabo Ortegal)
SOCIAL

A Xunta incorpora 400 humidais a un Inventario que leva 15 anos baleiro

O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou esta segunda feira unha resolución pola que se inclúen 400 humidais no Inventario de Zonas Húmidas da Galiza despois de ficar 15 anos baleiro.
As turbeiras do Suído son unha das zonas húmidas que pasan a formar parte do Inventario. (Foto: Nós Diario)
Medio Ambiente

A Xunta inclúe as primeiras 400 zonas húmidas no Inventario que mantivo máis dunha década baleiro

Para que un espazo natural poida ser declarado humidal protexido deberá estar previamente incluído no Inventario.
#caza #cazador #disparo (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A munición de chumbo, prohibida desde hoxe nas zonas húmidas

Ecoloxistas instan a estender a prohibición do chumbo a outros ámbitos alén da caza por mor da súa alta toxicidade.
Lagoa litoral da Frouxeira, no concello de Valdoviño (comarca de Ferrolterra) (Foto: Xunta da Galiza).
star
Análise

Zonas húmidas, a auga e a vida

Xabier Vázquez Pumariño é biólogo e ornitólogo, alén de consultor ambiental e activista no movemento ecoloxista.
A conselleira Ángeles Vázquez visitou o pasado sábado a lagoa de San Pedro de Muro (Porto do Son), un dos espazos que Medio Ambiente afirma que incluirá no Inventario de Zonas Húmidas. (Foto: Xunta)
Medio Ambiente

Día Mundial dos Humidais: na Galiza hai máis de 1.100 zonas húmidas, pero só seis están protexidas

A Xunta mantivo baleiro durante quince anos o Inventario de Zonas Húmidas creado, precisamente, como paso previo a outorgar protección a un destes espazos naturais.
a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou esta cuarta feira na A Conferencia Sectorial de Medio Ambiente (Foto: Xunta).
Medio Ambiente

A Xunta posiciónase en contra do plan estatal para a recuperación de zonas húmidas

O Executivo galego tamén rexeita o Plan de Patrimonio Natural e da Biodiversidade.
Brañas do Monte Inxerio. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

'Humidais para a vida', a campaña de Ecoloxistas en Acción para protexer estes valiosos espazos naturais

Desde 2008 só se protexeu a zona húmida do parque nacional das Illas Atlánticas.
Braña de Valadares (Foto: Ecoloxistas en Acción).
SOCIAL

Grupos ecoloxistas alertan da falta de protección das Zonas Húmidas

Adega e Ecoloxistas en Acción piden máis protección para os espazos de riqueza ambiental, aínda sen catalogar.
adega baldaio
SOCIAL

Xornada de eliminación de flora exótica invasora na zona húmida de Baldaio

Voluntarios participaron nesta acción de Adega, na que tamén se procedeu a retirar lixo mariño desta zona de Carballo.

Zona húmida das Brañas de Valadares, no municipio de Outes, un espazo no que se proxecta o parque eólico de Maragouto (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A Xunta non cataloga ningún espazo natural no Inventario de Zonas Húmidas

"A día de hoxe non hai ningunha resolución de inclusión publicada no DOG, polo que non hai ningunha zona húmida inscrita no Inventario", di a subdirección xeral de Espazos Naturais, en resposta a unha solicitude de información dun colectivo ecoloxista á que tivo acceso Nós Diario.
Garza cincenta | Grupo Eremitas
star
As aves son un termómetro que nos orienta sobre a temperatura da nosa saúde ecolóxica

Viaxeiras do inverno: Aves invernantes nas zonas húmidas galegas

As fronteiras están fechadas pola pandemia, pero a natureza non cesa de moverse. Millóns de aves, alleas aos esforzos dos humanos para conter o virus, percorren o mundo buscando lugares aptos para criar ou climas propicios para pasar o inverno. Ao rematar a tempada reprodutiva, un enorme continxente destas criaturas emprende o camiño cara a territorios temperados para evitar a escaseza de alimento derivada das baixas temperaturas nórdicas. E moitas delas escollen a Galiza como o lugar idóneo para esperar a que pase o frío, volver ás zonas de reprodución e comezar así un novo ciclo.
Gandaras de Budiño SGHN
SOCIAL

Galiza conmemora o Día Internacional das Zonas Húmidas

O 2 de febreiro de 1971 asinouse na cidade iraniana de Ramsar o convenio internacional que regula a protección das zonas húmidas, ecosistemas fundamentais para a conservación da biodiversidade.