Un novo naufraxio no Mediterráneo sitúa as cifras de mortes na travesía no camiño de superar as cifras de 2017, cando faleceron máis de 3.000 persoas. Neste caso foi un buque procedente de Tunisia, que vén de asinar un acordo coa UE para frear os migrantes.
No medio dunha forte persecución contra as persoas migrantes en Tunisia o bloque comunitario intenta convencer o presidente do país para que acepte máis de 1.000 millóns de euros a cambio de frear a saída de migrantes en dirección á UE.