Tanxarina

Unha escena de 'Titiricircus', unha obra de Tanxarina con máis de 1000 funcións representadas.
CULTURA

Tanxarina cumpre corenta anos facendo teatro de monicreques na Galiza

O Festival de Títeres de Redondela inaugura a edición deste ano cunha homenaxe aos corenta anos de traxectoria de Tanxarina, fundadora do encontro, pioneira do teatro de monicreques na Galiza e unha das compañías fundamentais no nacemento e desenvolvemento da escena galega actual.
Eduardo Rodriguez Cunha 'Tatán',  Andrés Giráldez e Miguel Borines forman Tanxarina, que celebra 40 anos sobre os escenarios.
O Festival Internacional de Títeres desenvolverase do 12 ao 17 de maio

Os monicreques volven a Redondela

Trinta e unha compañías e máis de oitenta actividades terán lugar na vixésimo terceira edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela, un dos máis importantes deste xénero. O festival volve este ano ás súas datas habituais, na primavera, despois de dous anos co calendario cambiado por mor da Covid. 
Obra de 'Lagarta, Lagarta' con Ernesto Chao en primeiro termo (Foto: Escena Galega).
CULTURA

Escena Galega homenaxea a traxectoria das compañías Ancora Producións, Tanxarina e Lagarta, Lagarta

Comezan os actos do XX aniversario da Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas coa homenaxe a tres compañías históricas.