Opinión

Desatención primaria

O Defensor do Paciente vén de confirmar o que ata agora só podiamos sospeitar: a atención primaria en Galicia é a máis saturada do Estado. A reacción do PP de Rueda desta volta foi rápida, entre mitin e mitin, como nunha partida de baloncesto na que a pelota arde nas mans. "Toda España, menos o goberno de Sánchez, entende que a falta de médicos é un problema nacional", espallaron nas redes sociais en alusión ao goberno do Estado.

Nunca tan reivindicativo estivo coa sanidade galega o partido que goberna na Xunta dende hai 14 anos. Despois de moito sacar peito, negar a situación das listas, de profesionais e de espera, e ignorar a persoal sanitario, sindicatos e colectivos de pacientes, Rueda recorre ao que "toda España entende". Abofé que Galicia entende ben da desatención da primaria. Bastante máis que o Sergas de competencias e xestión.

Comentarios