profesorado

Galiza

Educación despide profesorado dos CELGA malia as declaracións xudiciais en contra

A pesar de que as inspeccións de traballo e os tribunais do social declararan nulos os despedimentos do profesorado dos CELGA, a Consellaría de Educación continúa coa súa política de despedimentos, segundo denuncia a CIG-Ensino

SOCIAL

A primeira sentenza favorábel ao profesorado Celga exixe a súa readmisión

O Xulgado do Social nº3 de Compostela admite a demanda presentada pola CIG-Ensino e sinala o "propósito atentatorio dos dereitos fundamentais" que supuxo o despedimento d@s docentes por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística. 

Celga
LINGUA

Milleiros de apoios ao profesorado Celga chegan á Xunta

A CIG-Ensino fará entrega esta terza feira, no rexisto da Xunta, das sinaturas recollidas por toda Galiza en apoio ao persoal docente despedido pola Consellaría de Educación. 

SOCIAL

A CIG rexista unha ILP para o profesorado recuperar os seus dereitos

A proposición de lei levaría implícito o mandato de instar o Goberno central a que derrogue a LOMCE. A CIG quer tamén que se destine o 7% do PIB galego á educación.

Kennedy, Haití e a asociación de profesorado de Wisconsin

Seguramente quen nalgún momento se interesase polo consumo responsable ou o comercio xusto oiría debater sobre a orixe da roupa que utilizamos. É este un asunto que persoalmente me preocupa profundamente polas rodas de explotación que se artellan ao redor do téxtil e das que se nos fai cómplices ás cidadás do Norte como consumidoras. 

CELGA
TRABALLO

Profesorado Celga féchase na Secretaría Xeral de Política Lingüística

Un grupo de 40 docentes e representantes da CIG-Ensino manteñen un fechamento nas instalacións da SX de Política Lingüística para denunciaren a "actitude caciquil" e "clienteral" da Xunta neste conflito. Exixen a demisión do responsábel, Valentín García. 

CIG
TRABALLO

CIG-Ensino denuncia o "ilegal" despedimento do profesorado do CELGA

A central sindical nacionalista concentrouse perante a Secretaría Xeral de Política Lingüística para exixir que a Xunta aplique as resolucións das inspeccións de traballo e recoñeza a relación contractual d@s docentes do CELGA coa Administración.

celga
LINGUA

A Xunta prescinde do profesorado especializado na formación de galego para o Celga

A Xunta bota man de profesorado funcionario de Lingua e Literatura Galegas de Secundaria, ''sen garantir a capacitación axeitada para a formación lingüística da poboación en xeral, e pagándolle como horas extras''. Así o afirman desde a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL).

Imaxe do documental "A lus do mundo"
CULTURA

Unha festa poética para toda a comunidade educativa compartida desde Guitiriz

O 19 de febreiro conmemórase o centenario do poeta Xosé María Díaz Castro e desde o centro educativo que leva seu nome no seu Guitiriz natal poñen ao dispor da comunidade educativa diversos materiais para compartir a festa de aniversario. Profesorado e alumando elaboraron actividades, un documental, propostas de xogos... para convidar a toda a comunidade a celebrar unha xornada poética. 

recortes
SOCIAL

Máis unha sentenza contra a Xunta: terá que pagar a extra de decembro ao profesorado

Outras resolucións xudiciais recoñeceron o dereito d@s traballador@s do Sergas ou da CRTVG a recibiren pagas extras que lles foran anuladas aplicando de maneira retroactiva un decreto español.

Celga
SOCIAL

A Inspección de Traballo dá a razón ao profesorado do Celga face a Xunta

Un informe determina que si existe "relación laboral". A Administración galega terá de abonar arredor de 300.000 euros por non ter dado de alta na Seguridade Social ás e aos profesores de cursos de galego para adultos.

SOCIAL

Novo desacato de Educación ao TSXG, desta volta contra dereitos do profesorado

O departamento que dirixe Jesús Vázquez non acatou a obriga ditada polo Tribunal Supremo en xullo de 2012 e seguiu a negar a revisión médica anual para @s 30.000 docentes que traballan no ensino público. Este dereito está recoñecido para o conxunto d@s traballador@s desde 1995.

SOCIAL

Luz Fandinho presenta outro relato para crianzas: ''cómpren contos en galego e mestres comprometidos''

A escritora compostelá chega á libraría Lila após unha xira por varias escolas do País onde confirmou que a súa historia dun xuízo ao inverno por demorar a chegada da primavera agrada, e moito, ao alumnado. Namentres, as máquinas quecen para que o seu seguinte conto, 'A carballeira engaiolada', saia axiña do prelo

Galiza

A Xunta recúa e mantén o profesorado substituto após a denuncia da CIG-Ensino

O sindicato nacionalista denunciou as rescisións de contrato que a Consellaría de Educación estaba a desenvolver entre o persoal substituto con data do 21 de xuño

Galiza

O Supremo obriga á Consellaría de Educación a garantir recoñecementos médicos ao profesorado

Após recorrer unha sentenza previa favorábel á CIG-Ensino, o Tribunal Supremo exixe que a administración galega garanta o recoñecemento médico periódico ao persoal docente e obriga á administración a asumir os costes do xuízo

Celga
SOCIAL

Profesorado do CELGA: “Traballamos sen contrato nin Seguridade Social para a Xunta”

A Asemblea de Profesorado do CELGA denuncia a súa precaria situación e exixe a profesionalización.

Concentración da CIG-Ensino diante da Consellaría
SOCIAL

A CIG-Ensino concentrouse en defensa do profesorado interino e substituto

O sindicato nacionalista anunciou que non asinará a addenda sobre o acceso á listaxe de profesorado interino. O seu secretario nacional, Anxo Louzao, fala de "fábrica de parados".
Galiza

TSGX aplica o criterio do TXUE e recoñece o dereito do profesorado interino a cobrar sexenios

A máxima institución xudicial galega falla a favor da CIG-Ensino e obriga á Consellaría de Educación a recoñecer a igualdade retributiva do persoal interino. Asemade cárgalle á Xunta os custos do xuízo.
Clase de reilixión
SOCIAL

Educación emprega docentes de relixión para impartir outras materias

Máis dun milleiro de docentes quedaron sen emprego na primeira lexislatura de Feijóo, namentres a partida orzamentaria destinada ao ensino da relixión abultou máis aínda en 2013 até se igualar a aqueloutra destinada a comedores escolares
Francisco Jorquera
Eleccions2012

Jorquera comprométese a repoñer as prazas de profesorado recortadas por Feijóo

O candidato do BNG mantivo un encontro con representantes do ensino. No acto a ensinante e tamén candidata Marta Dacosta cualificou a Feijóo e ao Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez de ser "precursores de Wert".