sábado 29/01/22

Inspección dá a razón á CIG e confirma que a Xunta contrata sen seguro a docentes do CELGA

A Inspección de Traballo da Coruña multou á Consellaría de Educación con 200.000 euros por contratar persoal do CELGA por conta allea e sen alta na Seguridade Social.

Celga
Celga

Xa o denunciaban @s [email protected] en Sermos Galiza a comezos de ano e agora a Inspección de Traballo da Coruña dálles a razón. O tribunal recoñece que a Xunta de Galiza contrata --sen seguro-- a profesionais para impartiren as aulas do CELGA. A partir da denuncia presentada pola CIG-Ensino, a propia administración recoñece o carácter fraudulento destas prácticas da Consellaría de Educación e exíxelle a alta na Seguridade Social [email protected] [email protected] polo período que traballaron. Aliás, obriga a Xunta a pagar unha sanción de 200.000 euros.

Desde a central sindical nacionalista instan o goberno galego a dar cumprimento ás súas obrigas nas demais provincias e avanzou que interporán unha denuncia tamén en Lugo, Ourense e Pontevedra. "Á Consellaría de Educación  non lle  queda outra solución que facer extensíbel para toda Galiza a resolución  da inspección de traballo da Coruña  de que hai unha relación laboral por conta allea e que só cabe contrato laboral e alta na Seguridade Social", afirman desde CIG-Ensino.

CIG-Ensino exixe á Xunta que cumpra coa súa obriga tamén en Lugo, Ourense e Pontevedra

Mais estas demandas non son alleas á Consellaría nen á Secretaría Xeral. De feito, o sindicato xa se reunira o pasado 5 de decembro con representantes do goberno galego. Na reunión a CIG transmitiu ao Executivo o seu "total rexeitamento" a tal proceder e exixíronlle o cumprimento da legalidade co colectivo de docentes do CELGA. Aliás, demandáronlle transparencia e un proceso de "xestión pública, con control sindical" das listaxes de profesorado, ben como a "elaboración dunha nova orde, previa negociación, onde se dea resposta ás reivindicacións do colectivo". 

Porén, desde a Xunta déronse un prazo de 15 días para adoptar unha decisión. Unha actitude que para a CIG é "totalmente inaceptábel" ao entenderen que a Consellaría continúa "obstinada" por se "eximir das súas responsabilidades" e "non aceptar" as propostas que lle transmitiron.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Inspección dá a razón á CIG e confirma que a Xunta contrata sen seguro a docentes do CELGA
comentarios