Agora
Redacción
21/maio/24 11:49
Un home de 60 anos que ía a bordo dunha moto morreu na mañá desta terza feira tras sufrir unha caída na cidade da Coruña, concretamente en Matogrande. Segundo informan fontes dos servizos de emerxencias consultados por Europa Press, ocorreu na AC-10 sobre as 9.30 horas, cando varios particulares chamaban ao 112 para alertar da caída. Con estes datos, o 112 avisou do accidente á Policía Local da Coruña e a Urxencias Sanitarias-061, que mobilizou até o lugar unha ambulancia de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado. Con todo, os servizos médicos desprazados ao momento tan só puideron confirmar o falecemento do motorista.