Ducias de persoas piden xustiza pola morte de Unai Fernández na refinaría de Repsol

Varias decenas de persoas convocadas polo colectivo Xustiza para Unai secundaron esta segunda feira unha protesta ante os xulgados da Coruña para exixir que se "esclarezan os feitos" e se "castigue os culpábeis" pola morte deste traballador na refinaría de Repsol na cidade en marzo de 2022. Sergio Fernández, membro da plataforma, sinalou "os responsábeis das empresas", en alusión a Repsol e a Nervión -compañía auxiliar-, polo falecemento de Unai Martínez.
Pancarta despregada esta segunda feira na Coruña pedindo xustiza para Unai (Foto: Nós Diario).
photo_camera Pancarta despregada esta segunda feira na Coruña pedindo xustiza para Unai (Foto: Nós Diario).
Comentarios