Monforte

Manifestación en Burela no mes de marzo para demandar melloras nos servizos sanitarios da comarca (Imaxe: PSdeG)
SOCIAL

Desmantelamento de hospitais comarcais após a Lei de Saúde de Galiza

Sindicatos, profesionais sanitarios ou plataformas en defensa da sanidade pública sinalan que a situación do Hospital de Verín é consecuencia da supresión das áreas sanitarias que aprobou a Lei de Saúde de Galiza. O desmantelamento dos centros hospitalarios comarcais, denuncian, é un paso máis na centralización dos servizos nas urbes e na privatización da sanidade. "No Hospital da Costa houbo arredor de 400 nacementos o pasado ano, poderían empregar o mesmo argumento que en Verín para pechar o paridoiro", denuncia a plataforma en defensa da sanidade pública da Mariña.
[BRIF Tabuyo] Imaxes do incendio de Monforte recollidas polos bombeiros.
SOCIAL

O lume avanza entre Monforte e Pantón e obriga a desocupar vivendas

O incendio declarouse ao mediodía desta quinta feira na parroquia de Cinsa e ás seis da tarde xa levaba arrasadas 350 hectáreas. 
1.Chavaga
MEMORIA E HISTORIA

A batalla de Chavaga, 70 anos dun mito

O 20 de abril de 1949 un importante número de efectivos da Garda Civil toman ao asalto dúas vivendas que servían de puntos de apoio a membros da II Agrupación do Exército guerrilleiro de Galiza na localidade monfortina de Chavaga. A acción represiva do franquismo rematará coa morte dunha muller e cinco homes nunha actuación decisiva para o desmantelamento da oposición armada ao fascismo na Ribeira Sacra.

Alonso-Villalobos Solórzano Juan
REPRESIÓN

Villalobos, un verdugo en Monforte

Foi unha peza chave na represión en Monforte de Lemos. Formado politicamente nas filas daquela dereita católica que señoreaba a política castelá dos anos vinte e trinta non tardou en sumarse ao fascio cando viu en risco os seus privilexios. Defendeunos a morte, e así morte a morte fixo unha exitosa carreira na estrutura do réxime franquista.

VIVEIRO
PRESENTACIÓNS

Sermos O Diario Galego, esta semana en Marín, Vilalba, Monforte, Verín, O Barco, Foz, Sada, Negreira e Vilagarcía

Continuamos dando a coñecer o proxecto para a saída de Sermos O Diario Galego. Esta semana visitaremos Marín; Vilalba; Monforte; Verín; O Barco; Foz; Sada; Negreira e Vilagarcía de Arousa.

Pazo de Tor.
MEMORIA E HISTORIA

A revolta de Monforte: unha protesta que rematou con tres asasinadas

O detonante da revolta foi o cobro do imposto persoal e o intento de facer efectivo pola vía de apremo o pago dos consumos de exercicios anteriores. Mais tamén había razóns máis de fondo.

Caravana Sanidade.
SOCIAL

A Mariña e Monforte ferven pola supresión das súas áreas sanitarias

O Consello da Xunta vén de asinar a sentenza de morte á atención sanitaria nas comarcas de Monforte e A Mariña.

paula verao
SOCIAL

Monforte sae á rúa para frear a reforma da Lei de Saúde 

Miles de persoas concentráronse na localidade para fronte o desmantelamento da área sanitaria sur de Lugo. Unha nova comarca afectada mostra de forma masiva a súa oposición ao anteproxecto do PP.

Manuel María_LQ
CULTURA

A RAG homenaxea este sábado a Manuel María en Monforte

A Real Academia Galega e o Concello de Monforte organizan un acto literario e musical dedicado ao poeta chairego, que viviu nesta vila durante décadas.
 

img018
CULTURA

Morreu Guillermo Álvarez 'O Crego'

Foi un dos primeiros artesáns en recuperar a zanfona.

farmacia
POLÍTICA

Monforte e Ribadeo súmanse a Riotorto e asumirán o copagamento farmacéutico para a súa veciñanza

Os alcaldes de Monforte e Ribadeo, Severino Rodríguez e Fernando Suárez (BNG), anunciaron que nos orzamentos para 2014 haberá unha partida para dar “total cobertura” a doentes de Monforte que teñan que facer fronte a ese gasto. Tamén desde Pedrafita (PSdeG) sinalan que van dar este paso.

Protesta recortes do IES Daviña Rei de Monforte
Galiza

O IES Daviña Rei de Monforte trasladou ao Parlamento a súa negativa á supresión da Eso e o BAC

Seis autocares con profesorado, alumnado e membros da ANPA trasladaron a protesta ás portas do Hórreo para denunciaren o desmantelamento de centros educativos por parte da Xunta. Vídeo no interior

POLÍTICA

O PSdG pide explicacións á CRTVG pola "censura" da manifestación pola sanidade en Monforte

O grupo parlamentar reclama a comparecencia do director xeral da compañía, Alfonso Sánchez Izquierdo, para que comente por que considera que unha protesta que xunta 9.000 persoas "non ten suficiente relevancia para ser noticia" nos medios públicos nacionais
monforte
SOCIAL

"Monforte non é unha sucursal": milleiros marchan na defensa do hospital comarcal

Milleiros de persoas volveron se manifestar por Monforte en defensa do hospital comarcal e contra unha 'xerenca única' en Lugo que consideran suporía recorte de servizos, persoal e perda da autonomía sanitaria. "Coma hai uns días en Burela, en Vigo ou uns meses en Vilagarcía... esta é unha loita pola sanidade pública".