A oposición cuestiona a nova Lei de Saúde por recortar aínda máis a sanidade pública

A reforma foi apresentada por Feijóo esta quinta feira, véspera dunha ponte, estratexia informativa que, critica En Marea, persegue que pase o máis desapercibida posíbel. O PSdeG fala de "sabotaxe deliberada" contra a sanidade pública. O BNG chama "despótico" o goberno de Feijóo por tirar adiante a reforma desouvindo o clamor social nas poboacións afectadas pola supresión de até catro áreas sanitarias.

monforte
photo_camera Por volta de 5 mil persoas manifestárose en outubro pasado en Burela contra a supresión das áreas sanitarias de Monforte e A Mariña