Os pescadores agardarán a reunirse co Ministerio de Pesca para decidir sobre o amarre total da frota

"Hai frotas que non poden soportar o custo do combustible e levan amarradas desde a semana pasada".
Mariñeiros nun pesqueiro aportado en Celeiro. (Foto: Carlos Castro/Europa Press)
photo_camera Mariñeiros nun pesqueiro aportado en Celeiro. (Foto: Carlos Castro/Europa Press)

O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Burela (Lugo), Basilio Otero, propuxo esperar á reunión da próxima semana entre o o sector pesqueiro e o ministro español de Pesca, Luis Planas, na que se tomarán medidas inmediatas, na que os mariñeiros reclamarán medidas ante a suba do prezo do gasóleo, para decidir sobre o posíbel amarre da frota.

En declaracións a Europa Press, Basilio Otero indicou que "o lóxico sería esperar a que decorra esa reunión" para despois tomar decisións. "Dependendo do que diga o ministro, decidiremos", sinalou, para despois dicir que avisarían "cunha semana de antelación" sobre o inicio dun amarre total.

Segundo Otero, o Goberno español referiuse nesta terza feiraá oportunidade que ofrece un artigo do novo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa), que sinala que, "por motivos excepcionais", pódese actuar na cadea marítima. Sinala que "son novos fondos" e poderían utilizarse antes de que se poña en marcha o propio fondo, pero "o problema é o tempo", xa que "hai que aprobalo, ten que ir ao Consello de Ministros, polo que estaría en novembro, decembro ou xaneiro do próximo ano".

Deste xeito, Otero sinalou que, ademais desa liña do fondo europeo, é necesario "traballar en liñas de exencións que se executen xa, a partir do próximo mes", incluíndo taxas portuarias e pagos á Seguridade Social.

Necesidade de medidas "inmediatas"

O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores afirmou que, coa exención destes cargos "poderíase tranquilizar á xente e seguir traballando". Non en tanto, por parte do Ministerio de Pesca sinalan que estas medidas afectarían a outros departamentos como Seguridade Social e Portos do Estado, dos cales cinco están na Galiza.

O presidente das confrarías españolas subliña que "é importante que as medidas adoptadas sexan inmediatas", posto que a flota leva "tres semanas" perdendo cartos pola suba dos carburantes como consecuencia da ofensiva militar rusa de Ucraína. Así mesmo, as lonxas e os compradores "tamén están moi necesitados de axuda", ao que "se engade o problema da folga do transporte".

Paralelamente, para esta cuarta feira está prevista unha reunión coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, para abordar o problema da suba do gasóleo na Galiza.

Sobre as paradas que xa se iniciaron nalgúns portos, Otero afirma que "hai frotas que non poden soportar o custo do combustible e levan amarradas desde a semana pasada".

Comentarios