Mar

Rescatan con vida a tripulación dun pesqueiro galego á deriva no Gran Sol

Os tripulantes foron rescatados "en bo estado" de saúde por un pesqueiro británico que se atopaba na zona, o  Armaven 1.
Lugar do naufraxio do 'Pedras'. (Foto: Salvamento Marítimo)
photo_camera Lugar do naufraxio do 'Pedras'. (Foto: Salvamento Marítimo)

Os 11 tripulantes do pesqueiro galego Pedras foron rescatados con vida despois de que o navío sufrise un unha incidencia en augas do Gran Sol, a 64 millas ao suoreste de cabo Mizen, en Irlanda, na mañá desta cuarta feira.

Segundo informan fontes de Salvamento Marítimo a Europa  Press, ás 10.16 horas recibiuse a chamada de socorro deste pesqueiro por unha vía de auga.

Todos os tripulantes foron rescatados "en bo estado" de saúde por un pesqueiro británico que se atopaba na zona, o  Armaven 1.

O operativo está a ser coordinado de forma conxunta polo  MRCC Falmouth e o MRSC Valentia, e desde o Centro Nacional de Coordinación de Salvamento Marítimo está a levar a cabo o seguimento de toda a operación.

Segundo a información da web de rastrexo de buques  vesselfinder, o pesqueiro partiu de Marín o pasado 16 de maio. O barco, construído en 1976, navega baixo bandeira de Reino Unido, pero ten armador español.

Lume no barco

Salvamento Marítimo informou que o pesqueiro galego estaría ardendo e presentaría unha pronunciada escora a babor.

Unha vez a tripulación foi evacuada, até o lugar desprazáronse medios aéreos e marítimos irlandeses cunha unidade mobilizada con dúas bombas de achique. 

Comentarios