IGV

A portavoz de Sumar no Congreso, Marta Lois (segunda pola esquerda), asistiu ao acto 'Falemos do Rural' no casino de Chantada, deste sábado 9 de decembro de 2023. (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

Sumar Galicia non oculta o seu desexo dun "goberno a tres" na Xunta da Galiza

Dirixentes da formación participaron en Chantada nunhas xornadas organizadas por Interior Galego Vivo, apostando por "un acordo amplo" en clave electoral.

pacto
Agora

O PP perde Vilardevós tras un pacto de PSOE e Interior Galego Vivo que inclúe rotar a Alcaldía

O PP perderá, despois de 12 anos, o goberno de Vilardevós (comarca de Verín), por mor do pacto que veñen de serlar o PSdeG-PSOE e Interior Galego Vivo para a formación dunha coalición de goberno durante os próximos catro anos, un acordo que inclúe rotar a Alcaldía a metade de mandato. A socialista Eva María Pérez Magote terá o bastón de mando os primeiros dous anos e Tamara Balboa, de Interior Galego Vivo, os dous seguintes. Os socialistas obtiveron tres escanos; IGV, dous, e o PP, catro, perdendo así a maioría absoluta.
V Asemblea de IGV en Antas de Ulla. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Unha nova plataforma política centrada no rural galego participará nas vindeiras municipais

Diversos colectivos cidadás e políticos decidiron este sábado que Interior Galego Vivo (IGV) se constituise como organización política para acudir ás eleccións municipais de 2023, mantendo a autonomía e identidade de cada unha das agrupacións que participan dela.