hipotecas

Xustiza, banca e democracia

ECONOMÍA

O Supremo rectifica e determina que os bancos deben pagar os impostos das hipotecas

O TS modificou a súa propia xurisprudencia anterior e nunha nova sentenza determina que son as entidades financeiras as que deben pagar o Imposto sobre Actos Xurídicos Documentados nas escrituras públicas de empréstito con garantía hipotecaria.

 

vivenda casa morada
ECONOMÍA

O Supremo avala que os bancos carguen ao cliente os impostos da hipoteca

Xoán Antón Pérez Lema
Xoán Antón Pérez Lema, avogado e secretario de Acouga

“A sentenza do Supremo contiña argumentos xurídicos de patacón”

Xoán Antón Pérez-Lema é avogado experto en casos relacionados con cláusulas chan e é o secretario xeral de Acouga, a Asociación Galega de Consumidores e Usuarios de Galiza. Entrevistámolo no Sermos Galiza 253 sobre a problemática das cláusulas chan.

Novo Mesoiro
Galiza

A Xunta rexeita revisar a denegación de axudas á hipoteca

Son milleiros as familias afectadas, calcúlase que poden ser máis de 8.000, fundamentalmente no barrio de Novo Mesoiro na Coruña e Navia en Vigo. A Xunta desoíu a solicitude do BNG e non revisará a denegación de axudas á hipoteca das persoas propietarias de vivendas protexida. 

SOCIAL

Plataforma de afectados pola hipoteca, candidata ao premio Cidadán Europeo 2013

A Eurocámara concede cada ano o premio do Cidadán Europeo, e o BNG propón á Plataforma de Afectados pola Hipoteca para o galardón de 2013, que recoñece a cidadáns, asociacións ou organizacións que se teña destacado polo seu compromiso na defensa dos valores da Carta de Dereitos Fundamentais da UE

SOCIAL

Afectad@s polas hipotecas piden aos deputad@s do PP que rachen a disciplina de voto e apoien a ILP

As Plataformas de Afectad@s polas Hipotecas de Galiza presionarán aos deputad@s do PP, o único partido que non se comprometeu a votar en favor da ILP presentada no Congreso. Convídanos a asistiren ás asembleas e a rachar coa disciplina de voto. Son persoas sobre as que pesa a ameaza de seren despexadas das súas moradas. Caso de @s deputad@s non responderen ao convite, pensan en os abordar en calquer espazo público para lles trasladar información directa verbo da súa dramática situación.
INTERNACIONAL

O avogado de Urdangarín afirma que o seu defendido non paga a hipoteca porque non ten traballo

Segundo informa a canle española Antena3, o banco teríalle concedido ao xenro do Rei un periodo de catro anos para porse ao día nos pagamentos "a un interese moi baixo"
desafiuzamento
SOCIAL

A banca bota da casa 50 persoas ao día

O Consello xeral do poder xudicial contabiliza ao día 17 desafiuzamentos na Galiza, o que suporía unhas 50 persoas. Estímase que cada un afecta, de media, tres persoas. Entrementres os datos do goberno español din que no país hai 38 mil vivendas sen estrear
Eleccions2012

AGE reclama desaloxar a Feijóo por “non pagar a hipoteca da liberdade e a igualdade”

A coalición de Anova e máis Esquerda Unida fixo o seu último mitin da súa primeira campaña electoral en A Coruña. Xosé Manuel Beiras afirmou que “todo está en xogo” o 21-O.
ECONOMÍA

A hipoteca segue a perturbar o sono de 220.000 familias galegas

O gasto medio por fogar en facer fronte á hipoteca ronda os 436 euros. Unhas 15.200 familias que posúen unha hipoteca teñen ingresos que non chegan aos 1.000 euros mensuais.