O Supremo rectifica e determina que son os bancos e non os clientes os que deben pagar os impostos das hipotecas

O TS modificou a súa propia xurisprudencia anterior e nunha nova sentenza determina que son as entidades financeiras as que deben pagar o Imposto sobre Actos Xurídicos Documentados nas escrituras públicas de empréstito con garantía hipotecaria.

 

O Tribunal Supremo decidiu que é o banco e non o cliente o que debe pagar o Imposto sobre actos xurídicos documentados na sinatura dunha hipoteca, corrixindo deste xeito a súa doutrina anterior.

A sentenza da sala terceira do TS  interpreta o texto refundido da Lei de imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e conclúe que non é o prestatario o suxeito pasivo deste último imposto, senón a entidade que presta.

Entre 2014 e 2016 pagáronse 6.000 millóns de euros por este gravame. Con esta decisión, é  entidade financeira quen debe afrontar o gravame sobre documentos notariais, mercantís e administrativos. Para unha vivenda de 100.000 euros pode supor entre 500 e 2.000 euros.

A noticia xa provocou fortes caídas en bolsa dos bancos. Así, CaixaBank, Bankia e Sabadell rexistran descensos superiores a 6%

Comentarios