Estremadura

Juan Carlos Rodríguez Ibarra, ex presidente de Estremadura (Foto: Andrés Rodríguez / Europa Press).
Agora

O ex presidente socialista de Estremadura, Rodríguez Ibarra, compara a amnistía "cunha violación"

O ex presidente socialista de Estremadura e membro do PSOE, Juan Carlos Rodríguez Ibarra, comparou a posíbel amnistía dos presos políticos do procés cunha “violación” que afecta a corenta millóns de españois. Nunha intervención no Forum Europa -presentou unha conferencia de Juan Luis Cebrián, presidente de honra do diario El País-, apuntou que se alguén incumpre a constitución española, está a vulnerar a el e o seu voto, porque votou "a esta España como é". "Como se pode tolerar que alguén viole a corenta millóns de españois?", acrecentou.

Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

O orgullo da fala no val de Xálima protagoniza o 'Sermos Galiza'

O semanario deste sábado céntrase na variedade da lingua galega que se fala neste territorio de Estremadura.

O director do documental Henrique Sanfiz, á esquerda, co alcalde das Ellas, Toño Bellanco.
Documental

O galego de Estremadura fala por si mesmo

Henrique Sanfiz presentou a pasada semana 'Xálima', un documental sobre a lingua do val do río Ellas, a fala, que constitúe a pata audiovisual dun traballo xornalístico que tamén terá unha versión radiofónica e outra escrita, que será publicada este sábado en Sermos Galiza. O filme ofrece un novo xiro sobre esa variedade estremeña do galego dándolles a palabra aos habitantes da zona en vez de, como é habitual, disertar sobre eles.
A líder do PP estremeño, María Guardiola, e o de Vox, Ángel Pelayo, esta sexta feira durante a sinatura do pacto de Goberno en Estremadura (Foto: Jorge Armestar / EP).
star
INTERNACIONAL

O PP pacta con Vox en Estremadura 10 días despois da súa promesa de veto á ultradereita racista

A líder do PP en Estremadura, María Guardiola, afirmou hai 10 días que non pactaría con aqueles que "tiran á papeleira unha bandeira LGBT+" ou con "quen está deshumanizando os inmigrantes" en referencia a Vox. Porén, esta sexta feira asinou un acordo coa forza ultraespañolista. O cordón sanitario a forzas como a de Abascal é algo moi normalizado en Francia e Alemaña