ECONOMÍA
A Plataforma da Pesca seguirá "a guerra" contra a eólica mariña
22/xul./24
A Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños anunciou onte en Burela (A Mariña) que recorrerá ante o Tribunal Constitucional (TC) a resolución do Supremo que avala os Plans de ordenación do espazo marítimo (POEM) do Goberno español para a implantación de enerxía eólica mariña. Consideran que a sentenza é "un atentado en toda regra contra o sector pesqueiro galego".