dignidade

O pobo galego na Marcha da Dignidade

Terá lugar o vindeiro 22 de marzo, cando dende diversos puntos e nacións do Estado Español, se encamiñe unha enxurrada de protesta social con carácter anti-sistémico que ten que converxer, por forza, en Madrid. Nucléolo do réxime e metrópole das nosas nacións sen estado. 

Capa_SG77
Galiza

Neste nº 77 do Sermos, carga de dignidade

Máis un número na rúa, quioscos e lonxa e unha manchea de temas: Sector naval, folga pola sanidade pública, o negocio das subvencións ou a burbulla das grandes superficies comerciais. E lembramos, como non, a Mandela. Xa o poder mercar nos quiosques e librarías do país mais tamén na nosa loxa. 

nunca maís
Galiza

Un día para exercer a dignidade como país

Este domingo hai once anos da manifestación de 300.000 persoas que colapsou Compostela para exixir responsabilidades polo Prestige. E máis unha vez, o pobo galego está chamado, unha década despois, por Nunca Máis ás rúas para rexeitar a sentenza da impunidade e deixar claro que non esquece. 

Carga de dignidade
SOCIAL

Carga de dignidade

En xuño de 2013, colectivos culturais, sociais e políticos de Ferrolterra encheron a reixa de Navantia de prendas de roupa imitando as fundas penduradas meses antes por traballador@s do naval reclamando emprego. 'Radio Buguina' convocou a acción protesta e artística recollida por Tingalaranga nesta pelicula de 30 minutos realizada por Bocixa en dúas xornadas reivindicativas. O filme fará que perdure aquela acción cargada de dignidade.
ferrolterra-exixe-solucións
ECONOMÍA

Xanelas e balcóns piden dignidade para Ferrolterra

As organización sindicais comezaron un reparto masivo entre a cidadanía de bandeiras e cartaces exixindo solucións para unha comarca mallada polo desemprego. O obxectivo: que fiestras e balcóns de vivendas, locais, establecementos e edificios sexan espello desa reclamación.  

marcha cig
ECONOMÍA

Organizan Marchas da Dignidade a Madrid para exixir a fin das políticas "anti-obreiras" do PP

Sindicatos galegos, vascos, cataláns, asturianos e andaluces reuniranse esta segunda feira para preparar unha mobilización na que queren implicar a movementos sociais e cidadáns para poñer couto o austericidio do goberno español.

Eloxio da dignidade

Montecubeiro é un símbolo do que ocorreu en Galiza despois do golpe de estado de 1936: persecución programada contra os activistas dunha sociedade civil forte, plural e articulada, na que se tentaban consolidar conquistas sociais e nacionais que levaban anos formulándose. Unha sociedade civil na que as clases populares, as mulleres, os traballadores, tiñan capacidade de intervención e mecanismos para facer valer os seus dereitos.

A Cataluña da cidadanía e da dignidade

No Estado español hai unha idea simplista e allea aos aconteceres históricos daquel 11 de setembro de 1714: a invasión de Cataluña polas tropas borbónicas de Filipe V. Claro que os libros de texto escolares de caracter estatalista omitiron esa realidade histórica, do que aconteceu naquel 11 de setembro na defensa de Barcelona, onde foron asasinados miles de cataláns. Miles de encadeados e de exiliados. Así que as tropas casteláns impuxeron colonialismo, represión e o final das institucións nacionais de Cataluña. A nación catalana baixo un silencio impositivo. Mais a dignidade dos cataláns comezou a aflorar nesa raiceira patriótica lexitimando aspiracións de liberdade en terra asoballada. Durante todo o século XVIII a memoria do 11 de setembro non deixou de xermolar ese verdor de liberdade baixo a tiranía dos Borbóns. Toda esa potencia nacional rexurdía dunha maneira contundente, pragmática e contaxiante, como forza unificadora que foi respondendo a cada unha das contradiccións e inxerencias do Estado que atentaba contra esa rexa personalidade na nación catalana.

A dignidade de T-Solar

Onte, no reinicio do curso político, día no que se cumpriron dous meses do peche dos e das traballadoras de T-Solar, unha compañeira fíxome ver que fora unha magoa non ter feito un diario de bitácora deses 62 días. As presas, a inmediatez, o perentorio, as urxencias, fan que unha ás veces non sexa consciente da parte da historia que se está escribindo ao seu carón.

PROTESTA

Organizan unha marcha zombi para"recuperar a dignidade" de Ferrol

'Apocacrise Zombi' será a orixinal forma de manifestarse d@s "indignad@s" cunha marcha polo centro da cidade.

ECONOMÍA

Lugo revóltase contra a escravitude salarial e pola dignidade d@s traballador@s e desempregad@s

A protesta é esta terza feira diante do Edificio do catastro. O obxectivo: rexeitar a proposta do Banco de España de contratar a dpersoas no paro con soldos por baixo do salario Mínimo Interprofesional. A mobilización está convocada pola Asemblea de Desempregad@s

Carga de dignidade Radio Buguina Ferrol
ECONOMÍA

Carga de dignidade Radio Buguina Ferrol

Xosé Bocixa
[Imaxe: @avparcero]
ECONOMÍA

Ferrolterra cárgase de dignidade polo naval

Unha acción popular, artística e combativa enche os valados de Navantia con prendas que simbolizaron "a dignidade" do naval ferrolán

 

Literatura cargada de dignidade

Os escritores e as escritoras somos xente de paz e diálogo. Coa palabra defendémonos da intolerancia e a desigualdade, da mentira, da opresión encadeada ao medo e o non respecto aos dereitos da cidadanía. Coa palabra e co acompañamento presencial reivindicamos traballo e saúde de futuro con DIGNIDADE para o Ferrol do Naval  e o Desemprego, matria natural do Socio de Honra da AELG, Ricardo Carvalho Calero.

SOCIAL

O colectivo Burla Negra reaxe desde as ondas de Radio Buguina e reclama ''carga de dignidade''

Presentan oficialmente a acción artística que desenvolverán en Ferrol este domingo, 2 de xuño: un quilómetro de roupa pendurada da reixa de Navantia, seguindo o exemplo d@s traballador@s do naval que amarraron alí as súas fundas exixindo carga de traballo

Ao vivo

Sacha na Horta: ''A bata é um símbolo de identidade, umha prenda que nos fala da dignidade das mulheres''

Veio o bom tempo... chegou a hora! Sachas ao lombo, luvas nas mãos, botas de goma nos pés... @s de Compostela (porque a vaca não é de onde nasce) vêm com ânsia de semear a revoluçom musical. Quisemos saber como lhes vai na leira

SOCIAL

A buguina resoa: chamada á dignidade en Ferrol

Un quilómetro de batas da sanidade, de togas, de mandilóns, de traxes, de blusas, de roupa de crianzas... calquera prenda de roupa que teña un significado para quen a pendure será benvida na acción artística que encherá de cor e de vida as reixas de Navantia. Será o domingo, 2 de xuño

Galiza

A dignidade cidadá contra os desafiuzamentos, en destaque no número 36 de Sermos Galiza

A dignidade cidadá que por dúas veces foi quen de adiar o despexo de Aurelia esta semana é o tema que abre a capa do número 36 de Sermos Galiza, xa no prelo e esta sexta feira nos quiosques do país.
Leitura do manifesto ás portas do Xulgado
SOCIAL

Greve na xustiza: maxistrad@s e fiscais piden máis “medios, dignidade e independencia”

Perante os xulgados, unha masiva concentración reclamou “diálogo” ao goberno central.

Dignidade: xaneiro de 2003, xaneiro de 2010, xaneiro de 2013

O domingo 27 temos unha cita ineludíbel en Compostela, ás 12 da mañán sairá da alameda a manifestación convocada pola Plataforma Cidadá Queremos Galego! en esixencia da derrogación do Decreto de Plurilingüísmo e contra o Anteproxecto da LOME (coñecida popularmente como Lei Wert.)