martes 25/01/22

E soou o Nunca Máis, forte e digno, en Balaídos e Riazor

As afeccións cumpriron co compromiso que elas propias adquiriran e anunciaran estes días: tanto Balaídos como Riazor abouxaron co berro de Nunca Máis no minuto 10 dos seus respectivos partidos. 

balaidos

18:10 horas. O Almería acababa xusto de se adiantar no marcador a un Celta que necesitaba os 3 puntos para escorrentar a racha de non gañar na casa. Os ánimos da afección celeste polo chan. Mais non houbo silencio nin cabeza entre as mans nin resignación. Todo o contrario, Tal e como estaba previsto, @s [email protected] puxéronse a berrar ? 'Nunca Máis', 'Nunca Máis' facendo ecoar a palabra amuleto contra a impunidade. Bandeiras, camisolas, faixas... 'Nun-ca Máis', 'Nun-ca Máis'. E a esa consigna seguiron outras (Onde están, que non se ven, os culpábeis do PP?) mais xa con menor intensidade.

18:25 horas. Depor e Lugo xogan e desfrutan o derbi galego en Segunda, coas afeccións vivíndoo intensamente nas bancadas. Mais xusto 10 minutos despois do inicio do partido ninguén berra Depor, Depor; nin tampouco Lugo, Lugo. O que se berra, abouxa, brúa, afirma é 'Nunca-Máis', 'Nunca-Máis'. Até La Sexta, a cadea que emite o encontro, recoñece que en Riazor estase a berrar ben forte Nunca Máis. E xa é máis do que os medios públicos galegos, que apenas fixeron unha mención.

Tres afeccións, as do Celta, Depor e Lugo que souberon unirse nun berro de xustiza e dignidade contra a impunidade. Dixérao esta semana unha afeccionada celeste: “como afeccións, mais sobre todo como pobo, hai que deixar claro que esta sentenza é unha vergoña e unha inxustiza”.

Foto portada: Peña Cambresa @PCambresa

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

E soou o Nunca Máis, forte e digno, en Balaídos e Riazor
comentarios