Día da Patria Galega

Performance durante unha manifestación feminista convocada por Galegas8M en Santiago de Compostela. (Foto: Arxina)
star
Reportaxes

Do 8-M ás asembleas de barrio

Ximena González, da Marcha Mundial das Mulleres, chama por unha organización en rede que coadxuve a transformar a realidade en diferentes planos e que cree unha axenda que teña presentes as loitas concretas. 
Manifestación en Sada en defensa do Pazo de Meirás o 19 de xuño de 2021. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
star
Reportaxes

Meirás. A loita continúa

O memorialismo galego foi o protagonista dunha longa loita que visaba a devolverlles a dignidade ás vítimas do franquismo e que puido anotarse a vitoria da devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público. Porén, a batalla pola recuperación da memoria histórica segue vixente e precisa de constancia e do apoio das institucións.
Concentración de Queremos Galego na  praza do Obradoiro o 17 de maio de 2021. (Foto: Arxina)
star
Reportaxes

Garantindo o futuro do galego

Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego, repasa neste artigo as debilidades e fortalezas dunha lingua que segue a mostrar un exemplar dinamismo malia o desleixo e mesmo a hostilidade de quen ten a obriga legal de defendela e amparala.
Un autocolante pegado nun escaparate durante a folga comarcal convocada en Ferrol o 10 de marzo. / Mero Barral - Europa Press
star
Reportaxes

Xa é hora de avanzar nos dereitos

Paulo Carril, secretario xeral da CIG, avoga por un verdadeiro Plan de recuperación económica que permita que as decisións fundamentais para o futuro da clase traballadora galega se tomen fóra do marco das políticas neoliberais que impiden o desenvolvemento da Galiza. 
Concentración en Compostela convocada polos sindicatos 
o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora. / Europa Press
star
Reportaxes

Chegou o momento da reactivación

José Antonio Gómez, da UXT, expón a urxencia de sacar leccións do vivido durante a pandemia e, así, "construír un novo contrato social e medioambiental" para estabelecer unha nova senda de progreso sostíbel. 
Manifestación do 1º de maio 
en Vigo convocada por UXT e CCOO. / Europa Press
star
Reportaxes

Unha Galiza mellor

Amelia Pérez, de CCOO, incide na urxencia de evitar que as eivas crónicas do mercado laboral galego deriven nunha nova crise económica e de emprego. Os fondos europeos, segundo a súa análise, deberían operar como un axente de cambio. 
A Patrulla Aguia coas cores da bandeira española (Imaxe: Nós Diario).
SOCIAL

Polémica: Para celebrar o Día da Patria Galega... unha bandeira de España!

O Exército español sobrevoará o domingo, Día da Patria Galega, coa chamada Patrulla Aguia, o ceo en Compostela para tinguilo coas cores da bandeira española. Un anuncio que provocou o malestar de usuarios e usuarias das redes sociais, que critican esta exaltación do españolismo.

Os presos políticos cataláns ao saír do cárcere en 2021 (Imaxe: Europa Press)
POLÍTICA

Junqueras participa este sábado nun acto político convidado polo BNG

O Hotel San Francisco de Compostela acolle este sábado, a partir das 11 horas, un acto político convocado polo BNG para recibir as delegacións internacionais convidadas ao Día da Patria Galega. A presenza de Oriol Junqueras é a sorpresa da xornada.

Despregamento este 4 de xullo da bandeira da Patria no Orzán, na Coruña (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Mostrar, lucir, brasonar e reivindicar: chamados a visibilizar bandeiras da Patria por toda Galiza co gallo do 25-X

Organizacións e colectivos convocan a pendurar a bandeira de xanelas e varandas e mesmo hai organizada unha ‘caravana pola estreleira’.

Detalle do deseño de Héitor Picallo para a capa do 'Sermos Galiza' especial Día da Patria Galega
SOCIAL

Trece voces da Galiza "que emerxe”: especial ‘Sermos Galiza’ do Día da Patria

Co gallo do Día da Patria Galega, Sermos Galiza publica este sábado, 24 de xullo, un especial de 48 páxinas no que se lle toma o pulso á rede asociativa do país para efectuar un diagnóstico da situación nas frontes nas que se xoga o noso futuro e, sobre todo, para coñecer as aspiracións dunha Galiza que emerxe e pula por un mellor porvir para a cidadanía. 

assembleais abertas independentistas independencia
POLÍTICA

“Umha história de luita, um futuro nosso”, lema da manifestación independentista do 25-X

Convocada desde asembleas abertas comarcais, sairá ás 13 horas da Alameda de Compostela.

Caderno de Verán

Outras patrias: Percorrido pola conmemoración dos días das sete nacións celtas

Un ano máis, o próximo 25 de xullo celébrase o Día da Patria Galega para conmemorar a identidade nacional do noso país. Ao igual que a Galiza, outras nacións sen Estado tamén festexan o seu día co fin de reivindicar a súa presenza no mundo, entre elas, as nacións celtas que se encontran histórica e culturalmente tan ligadas á Galiza.

 manifestación de Vía Galega para reclamar
el derecho a la autodeterminación
SOCIAL

Vía Galega chama a reivindicar “os dereitos nacionais de Galiza” este 25-X

Pide que se participe nos actos organizados polo Día da Patria Galega e que se exhiban bandeiras e simboloxía en xanelas e varandas.

Presentación da manifestación unitaria convocada o Día da Patria ás 12.30 horas na Alameda compostelá (Foto: 25J Unitário).
POLÍTICA

Manifestación "unitaria" o Día da Patria: "Precisamos, sen complexos, retomar a esquerda de verdade"

As entidades que convocan a manifestación unitaria de cara ao vindeiro 25 de xullo reivindican en Compostela "a loita antifascista e anticapitalista e polo dereito de autodeterminación".
Detalle do deseño de Héitor Picallo para a capa do 'Sermos Galiza' especial Día da Patria Galega
SOCIAL

'Sermos Galiza' repasa "As aspiracións da Galiza que emerxe" no Día da Patria

Co gallo do Día da Patria Galega Sermos Galiza publicará un especial no que se lle toma o pulso á rede asociativa do país para efectuar un diagnóstico da situación nas frontes nas que se xoga o noso futuro e, sobre todo, para coñecer as aspiracións dunha Galiza que emerxe e pula por un mellor porvir para a cidadanía. 
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, na presentación da campaña con motivo do Día da Patria Galega (Imaxe: Nós Diario).
POLÍTICA

“Unha Galiza sen límites, cun BNG sen límites”: a campaña polo Día da Patria Galega

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentou a campaña do Día da Patria Galega na compostelá praza da Quintana, acompañada de mozas e mozos, como símbolo de futuro. "Esa é a idea que queremos destacar para este 25 de Xullo: A dunha Galiza con futuro, unha Galiza sen límites que queremos construír con todos e cada un dos galegos e das galegas, desde un BNG que tampouco se fixa límites", afirmou.

 

Acto do BNG no Día da Patria Galega de 2018. (Foto: Nós Diario) #díadapatriagalega #patriagalega #galiza #25dexullo
POLÍTICA

O BNG chama a manifestarse o 25 de xullo en Compostela

O Festival suspéndese por “responsabilidade”.
festigal 2018
CULTURA

Festigal adía a edición de 2021 e comprométese a retornar en 2022 cunha proposta “inesquecíbel”

Pospón a edición deste ano “por motivos de responsabilidade ante a pandemia da Covid-19”.

manixuvenil unitaria
POLÍTICA

"A república galega é o futuro": mobilización xuvenil unitaria o 24 de xullo

Véspera do Día da Patria
Cabeceira da primeira manifestación do Día da Patria Galega en 1933. (Foto: Ahora).
star
Reportaxes

100 anos de celebración do Día da Patria Galega: unha viaxe ás orixes do día nacional da Galiza

Hai 100 anos, falamos do 25 de xullo de 1920, celébrase por primeira vez o Día da Patria Galega. A convocatoria, acordada uns meses antes na II Asemblea Nacionalista, non tardou en consolidarse nunha data de referencia da vida social e política da Galiza. Hoxe recuperamos as orixes e os primeiros pasos da data.