A Costa da Morte aspira a ser a primeira Reserva Mundial de Surf no Estado español e a terceira en Europa

A candidatura presentada a ‘Save te Waves Coallition’ superou a primeira fase do proceso de selección.

surf costa da morte
photo_camera surf costa da morte

Na Península Ibérica só hai un lugar que teña o recoñecemento de ‘Reserva Mundial de Surf’ e é en Eiriceira, Portugal. E en toda Europa só hai dous e no conxunto do planeta, doce. A Costa da Morte aspira a ser distinguida con este recoñecemento, un proxecto que vén de superar a súa primeira fase. A Praia de Razo foi o escenario escollido polo grupo promotor desta iniciativa (entre os que está a Asociación de Turismo Costa da Morte) para comunicar que a proposta presentada a  “Save the Waves Coallition’  superou a primeira fase do proceso de selección

Os criterios que fixeron prosperar a candidatura foron, segundo indican, as características ambientais da zona, a calidade e consistencia das ondas, e o compromiso con este proxecto das entidades locais.

A seguinte fase pasará pola mellora e ampliación da candidatura, que virá da man dunha oferta de deporte sostíbel e respectuoso co ambiente  e o territorio.

Reservas Mundiais de Surf é un programa iniciado en 2010 e encamiñado a protexer os hábitats mundiais de surf. O programa identifica, designa e consagra as ondas internacionais de sur, zonas de surf e medio ambiente.

Comentarios