star
'30 castelos para descubrir un reino'
Descubrir Galiza a través dos seus castelos
28/nov./23
Baixo a autoría e asesoramento de ducias de especialistas, Nós Diario publicou 30 castelos e torres galegas para descubrir un reino, un coleccionábel extraordinario, editado para celebrar os 1.000 números do diario, que valoriza o patrimonio, a historia e a contorna territorial dunhas construcións que retratan unha parte importante da identidade da Galiza. Esta terza feira rematan as entregas deste coleccionábel con 512 páxinas.