Berta Cáccamo

'Strange Cargo', 1990-91 (Foto: Damián Ucieda)
star
CULTURA

Berta Cáccamo, os 'depósitos da mirada' que amalgaman a arte e a vida

O Museo de Pontevedra inaugurou esta sexta feira unha exposición de Berta Cáccamo que une a experiencia vital da artista co seu pensamento artístico. Correspondencias de arquivo mostra a parte documental do seu arquivo póndoa en relación coa súa obra pictórica. 
 
Unha sala da exposición.
CULTURA

Belas Artes reivindica o seu papel na evolución da creación galega

Unha exposición xunta obras de docentes e alumnado da Facultade.
Retrato de Berta Cáccamo. (Foto: Legado de Berta Cáccamo)
star
'Horas Felices'

Un novo libro recupera a obra de Berta Cáccamo

A súa morte prematura, cando contaba só con 54 anos de idade, conmocionou o mundo da cultura na Galiza. Porén, a figura da pintora Berta Cáccamo non deixou de medrar até o de agora, cando unha nova lectura do acontecido no mundo das artes nas últimas décadas lle outorga un lugar principal no relato da arte contemporánea. Esta sexta feira preséntase en Vigo o libro Berta Cáccamo. Horas felices, que fai parte do proxecto expositivo que levou o seu traballo até as salas do Patio Herreriano de Valladolid.
Apertura da reportaxe sobre Berta Cáccamo. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Sermos Galiza trae á actualidade a obra de Berta Cáccamo

No novo número de Sermos Galiza debúllase a historia dos case esquecidos Mártires de Carral e o escritor Xosé Manuel Sánchez Rei analiza o portugués a partir do seu último libro. Queres gozar de todos estes contidos e máis? Non deixes de mercar o semanario que atoparás este sábado nos quiosques e na nosa loxa en liña.
Retrato de Berta Cáccamo. (Foto: Legado de Berta Cáccamo)
star
Reportaxes

Berta Cáccamo: A volta dunha pintora imprescindíbel

A súa morte conmocionou o mundo da cultura na Galiza. Berta Cáccamo pasou como un meteoro polo mundo da arte, obtendo un recoñecemento moi temperán mais tamén vendo como a súa presenza nos grandes centros culturais se ía diluíndo en favor doutros artistas máis proclives a adherirse ás modas. Porén, o seu traballo está sendo obxecto agora dunha nova revisión que redescobre a súa importancia, a brillantez da súa singularidade, a súa pertinencia no devir da pintura do paso do século XX ao XXI. Falamos sobre este redescubrimento con Juan de Nieves, comisario e estudoso que está a cargo da catalogación da obra e da sistematización do arquivo de Cáccamo.
CULTURA

Un libro lembra a obra da pintora Berta Cáccamo

Inclúe 40 cadros e textos de Álvarez Cáccamo, Bernárdez e De Nieves
enteirmanete pintado
Primeira mostra despois da súa morte

A poderosa intuición pictórica de Berta Cáccamo

A súa morte intempestiva con apenas 54 anos sacudiu a pintura galega. Atrás quedou unha extensa, valorada obra, que partiu a mediados dos 80 de calidades matéricas para se adentrar na mancha, na intuición, na síntese. Esta sexta feira, 27 de setembro, Cambados acolle a primeira mostra póstuma de Berta Cáccamo. Juan de Nieves exerceu de comisario.
Berta Cáccamo
No seu primeiro cabodano

O CGAC homenaxea a pintora Berta Cáccamo

A pintura de Berta Cáccamo transitou os vieiros da abstracción. Pero unha abstracción emotiva, acolledora, talvez no esteiro da seu admirado Joan Miró. Vencellada ao grupo Atlántica que renovou a plástica galega na década dos 80 do pasado século, Berta Cáccamo morría hai agora un ano con apenas 55 de idade. O CGAC réndelle homenaxe esta sexta feira, 10 de maio.
 

Notas ao vivo: Berta Cáccamo (2)