Xulio Vicente, “Co que nos rouban coas preferentes mercaríamos dez Barreras”
A loita polas preferentes atravesa o ano que agora remata coa venda de NGB, a entidade na que se fusionaron as caixas nas que boa parte das vítimas da estafa depositaran os seus aforros. Xulio Vicente, voceiros da Plataforma do Baixo Miño, unha das máis activas e a que acumula máis multas e sancións polas protestas, fala dos dous anos de loita contra o que define como "estafa política".