sábado 16/10/21

Ignacio Naveiras: "O contrato de Pemex está aínda no ar e, en todo caso, só daría ocupación a 400 traballadores"

Quen así fala é Ignacio Naveiras, portavoz do Comité de empresa de Navantia. Sermos Galiza falou con el após Navantia anunciar que non construirá o dique flotante porque "a UE non o permite". Para Naveiras, "os traballadores foron utilizados política e electoralmente" polo Partido Popular.
Ignacio Naveira, portavoz do Comité de empresa de Navantia
Ignacio Naveira, portavoz do Comité de empresa de Navantia

Ignacio Naveiras é voceiro do Comité de empresa de Navantia. A situación que atravesa o sector do naval en xeral e o estaleiro de Ferrol de particular non mingua os azos deste sindicalista. Para el, "os traballadores temos a razón" en exixiren carga de traballo, malia teren sido "utilizados política e electoralmente" nos últimos anos. 

Naveiras debulla para Sermos Galiza os últimos acontecementos no sector como o non ao dique flotante que Navantia ía construír no Porto exterior da Coruña ou o contrato coa petroleira mexicana Pemex do que, di, "saiu en precampaña como unha promesa electoralista".

O representante dos traballadores amósase escéptico sobre a materialización do anunciado concurso para a construción dun flotel en Navantia. "O contrato con Pemex está no ar", afirma, para a seguir advertir que "en todo caso, só daría ocupación a 400 traballadores".

Onte, nunha entrevista publicada en La Voz de Galicia, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sementaba aínda máis incerteza sobre o futuro dos floteis ao considerar a hipótese de que Barreras non puidese facer fronte a súa parte do contrato (en teoría o esteleiro de Vigo iría facer unha das dúas embarcacións e Navantia, a outra) ao non ser quen de constituír o aval preceptivo para acometer a operación. Nese caso, avanzaba Feijóo, os dous floteis construiríaos Navantia.

A entrevista completa poderás atopala no número 34 do semanario. Á venda nos quiosques e librarías do país. 

comentarios