AVE

Dó na estación de Ferrol. Foto: Suso Pazos
POLÍTICA

Cuestión de Estado: Angrois non pode ser accidente de AVE

PP e PSOE queren que a traxedia de Angrois non salpique a alta velocidade. En xogo, substanciosos contratos a nível mundial. Un exemplo, Brasil, cuxo megacontrato de 13.000 millóns de euros para construír a súa alta velocidade ten unha cláusula para aspirantes: Non puideron ter un accidente fatal nos últimos 5 anos

SOCIAL

#sinistroenSantiago: a comunidade tuiteira reclama un xornalismo feito con rigor

Repasamos o accidente ferroviario acontecido en Compostela a través dos tres temas principais que centran os chíos da comunidade tuiteira: a criminalización do maquinista, a exixencia de responsabilidades políticas e as queixas das televisións españolas porque Feijóo fixo a súa intervención en galego

Galiza

O de Compostela é o sinistro con máis mortes no Estado desde o 1944 e o primeiro da liña AVE

Un balanzo de 78 vítimas mortais e máis de 140 persoas feridas colocan o sinistro de Compostela á cabeza dos accidentes ferroviarios no Estado desde que en 1944 máis de 500 persoas morreran nun choque no Bierzo; daquela, como agora, a maior parte das vítimas eran galegas.

concentración na estación de Lugo
Galiza

Protestas na Galiza ante o gasto de 1.920 millóns de euros no AVE Madrid-Alicante

Case á mesma hora as estacións dos camiños de ferro de Galiza e do Estado ofrecían moi diversa imaxe. En Alicante, Mariano Rajoy o príncipe Felipe e a ministra Pastor inauguraban a liña do AVE desde Madrid que supuxo un investimento de 1.920 millóns de euros. Nas estacións galegas, o BNG protagonizaba concentracións para denunciar o desmantelamento do ferrocarril anunciada recentemente por Fomento. 

Chegará a “voar” o AVE?

Estes dias as máquinas e os traballadores das obras do AVE esforzan-se en desbrozar e furar o monte ás portas de Portocamba, Campos e Cerdedelo. En Portocamba, a menos de 200m das primeiras casas do lugar. Agora mesmo hai dous turnos de traballo, en pouco tempo han ser tres, ruido sen trégua para a viciñanza.
Adif abre pistas
SOCIAL

Adif abre pistas entre castiñeiros protexidos nas obras do AVE en Laza

A Sociedade Galega de Historia Natural alerta de que a ampliación da superficie dos traballos en 260.000 m2 ''non ten xustificación'', e exixen perante o Goberno español a paralización inmediata pola vía da urxencia. O LIC 'río Támega' e un castiñeiro catalogado como Árbore Senlleira están afectados