A única peza dramática que o autor publicou en vida carece dunha edición moderna
O teatro esquecido de Arcadio López-Casanova
15/abr./22
Arcadio López Casanova é recoñecido como un dos grandes renovadores da lírica galega grazas ao seu poemario Mesteres, mais no é tan coñecida a influencia que tivo no seu momento a única peza teatral que publicou, Orestes. Tivo un ascendente calado, mais notábel, sobre a literatura dramática posterior.