ambulancia

Ambulancia do 061 (CIG)
SOCIAL

A falta de ambulancias no Morrazo leva o persoal sanitario a desprazarse en taxi para atender emerxencias "graves"

A CIG acusa o Sergas de "ocultar datos" sobre a realidade da asistencia médica extrahospitalaria na comarca, onde contan só con tres vehículos en nómina para atender unha poboación de máis de 50.000 persoas.
Momento en que o persoal do 061 traslada o paciente até o helicóptero medicalizado. (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Trasladan, por estrada, un doente en padiola máis de 200 metros ante a falta de ambulancias

Plataformas en defensa da sanidade do Rosal, A Guarda e Oia denunciaron os feitos.
Un home permanece nunha ambulancia após ser trasladado dunha residencia de anciáns (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
SOCIAL

A falta de persoal nas Urxencias do Salnés bloquea o uso das ambulacias do 061

Persoal das emerxencias sanitarias denuncia que as ambulancias permanecen inoperativas durante períodos cada vez máis prolongados. A carencia de celadores e dunha zona específica para a transferencia de doentes obriga aos técnicos do 061 a realizar funcións que non lles corresponden no canto de asistir urxencias e pacientes con diversas patoloxías.
Ambulancia do 061.
SOCIAL

A CIG denuncia a morte dun doente trasladado nunha ambulancia sen asistencia sanitaria enviada polo 061

Dende a central sindical esíxenlle ao Sergas que deixe de reforzar o servizo de emerxencias de Vigo con vehículos en precario.

 

Ambulancia medicalizada. (Foto: Sergas)
SOCIAL

Denuncian que o Sergas traslada a Sanxenxo unha ambulancia medicalizada con base no Hospital do Salnés

“Para cubrir o aumento de poboación durante o verán na zona de Sanxenxo e Portonovo”, sinala a CIG. A central advirte que aumentarán os tempos de resposta, empeorando a atención sanitaria da veciñanza da comarca

Profesional sanitario atendendo unha emerxencia durante a pandemia (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
star
Día Internacional da Medicina de Urxencias e Emerxencias

Médicas de Urxencias reivindican un servizo esencial saturado polos recortes na Atención Primaria

Profesionais dos servizos de Urxencias e Emerxencias concéntranse no mediodía desta quinta feira fronte aos centros sanitarios de todo o país para reclamar o recoñecemento desta especialidade. Salientan a importancia de contar cunha "formación regulada e homologada" para "mellorar a atención ás persoas doentes" nun servizo que, por mor da falta de medios e a escasa presencialidade na Atención Primaria, está a padecer unha considerábel sobrecarga de traballo.
Interior dunha ambulancia nesta terceira onda da pandemia. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
SOCIAL

Sen ambulancias e sen comida: a odisea dun enfermo dependente para ser trasladado do Clínico de Compostela

Un novo caso particular por de relevo os recortes na sanidade pública galega. Ante a falta de medio de transporte, a filla tivo que trasladado no coche particular seis horas despois de recibir a alta médica. A afectada louva o traballo das e dos profesionais do hospital pero critica duramente os medios materiais do servizo, que impiden unha atención axeitada ás e aos enfermos.
Ambulancia do 061 (CIG)
TRABALLO

A CIG denuncia "escurantismo" no concurso das ambulancias

O sindicato, que agarda por infomación sobre o concurso, exixe que se manteñan os servizos e os postos de traballo
Ambulancias do 061 (Sergas).
Denúnciao a CIG

“Un día despois das eleccións, o Goberno de Feixoo comunica a retirada da ambulancia medicalizada do Salnés”

A CIG denuncia que o dispositivo de atención avanzada será trasladado a Sanxenxo por tempo indefinido.

Protesta no hospital do Salnés (CIG).
TRABALLO

Un xulgado obriga unha empresa do 061 a realizar test do coronavirus a todo o seu persoal

A raíz das demandas presentadas pola CIG nas áreas nas que aínda non se fixeron estas probas.

Protesta no hospital do Salnés (CIG).
TRABALLO

Traballadoras de ambulancias protestan por toda a Galiza para que lles fagan as probas da COVID-19

A CIG informa das accións de protesta en múltiples bases toda a Galiza levadas a cabo polas traballadoras de ambulancias para exixir á Xunta que realice as probas da Covid-19 a todo o persoal do sector e reclamar a dimisión do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

2020032617212917576
TRABALLO

Varanda Viva denuncia "graves incumprimentos" pola falta de protección do persoal de ambulancias do 061

A rede galega de solidariedade, voluntariado e reivindicación Varanda Viva enviou esta mañá unha denuncia e un escrito dirixidos á Consellaría de Sanidade e á Valeduría do Pobo para reclamar medidas necesarias de protección para as traballadoras e traballadores das ambulancias, ante os avisos de "graves incumprimentos" na dotación de material ao persoal recibidos pola organización.
Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

Coronavirus: denuncian catro casos de corentena por falta de medidas nas ambulancias da área de Santiago

A CIG asegura que o persoal non foi informado nin contou con equipos de protección individual (EPI).

Concentracion polo despedimento en Salutrans (CIG)
TRABALLO

Denuncian despedimento "inxusto" nas ambulancias de Lugo

A CIG denuncia que a empresa de ambulancias Salutrans realizou un "despedimento inxusto" relacionado coas ofertas á baixa coas que concorreron no anterior concurso.
Centro de Saúde en Lalín (Foto: Google).
SOCIAL

A CIG denuncia que a Xunta "engana" coa dotación para o Deza

Xavier Aboi, o secretario comarcal da FGAMT-CIG de Pontevedra, denunciou esta sexta feira nunha rolda de prensa en Lalín a situación que se vive en comarcas como o Deza, Pontevedra e A Estrada no sector das ambulancias. Tamén avisou que a Xunta "engana" coa solución apuntada por Feixoo no Parlamento porque o vehículo que ofrece será "unha ambulancia de apoio".
Feixoo, durante a sesión parlamentaria desta cuarta feira.
POLÍTICA

O BNG di que Feixoo mentiu no Parlamento sobre a ambulancia para o Deza

As nacionalistas critican que o presidente da Xunta prometese unha ambulancia en metade do debate con Ana Pontón sobre a dotación na comarca do Deza, sabendo que será un vehículo non medicalizado, sen persoal e que cubrirá “como apoio” un 70% do servizo, cando a veciñanza leva anos reclamando unha ambulancia medicalizada.
Centro de Saúde en Lalín (Foto: Google).
SOCIAL

As nacionalistas volven reclamar outra ambulancia para a comarca do Deza e levarán a demanda ao Parlamento

Francisco Vilariño, portavoz do BNG en Lalín, insiste en que se trata dunha demanda histórica e asegura que se non houbo máis mortes antes “foi por pura sorte”.
ambulancias greve
A paga extra debía terse abonado hai unha semana

A CIG denuncia incumprimentos no convenio das ambulancias

Ambulancia
Sanidade pública

Alertan de novos recortes da Xunta nas ambulancias da Mariña

A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia o recorte inminente e sen aviso previo no transporte de ambulancias na comarca da Mariña por medio do novo concurso de contratación.

ambulancias feches
TRABALLO

Maior estabilidade e mellora de condicións: preacordo no convenio de ambulancias

As asembleas de traballadores e traballadoras votarán en asemblea se están de acordo co texto, documento que se suma ao aporbado a mediados do mes pasado entre patronal e sector sobre condicións económicas.