Día Internacional da Medicina de Urxencias e Emerxencias

Médicas de Urxencias reivindican un servizo esencial saturado polos recortes na Atención Primaria

Profesionais dos servizos de Urxencias e Emerxencias concéntranse no mediodía desta quinta feira fronte aos centros sanitarios de todo o país para reclamar o recoñecemento desta especialidade. Salientan a importancia de contar cunha "formación regulada e homologada" para "mellorar a atención ás persoas doentes" nun servizo que, por mor da falta de medios e a escasa presencialidade na Atención Primaria, está a padecer unha considerábel sobrecarga de traballo.
Profesional sanitario atendendo unha emerxencia durante a pandemia (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
photo_camera Un profesional sanitario atendendo unha emerxencia durante a pandemia (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Comentarios