Coronavirus: denuncian catro casos de corentena por falta de medidas nas ambulancias da área de Santiago

A CIG asegura que o persoal non foi informado nin contou con equipos de protección individual (EPI).

Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Ambulancia do 061 (Nós Diario)

Desde a CIG de Compostela denuncian que a falta do número suficiente de equipos de protección individual (EPI) pode converter as ambulancias da área sanitaria de Santiago e o Barbanza nun foco de infección. Informan de que na actualidade hai catro traballadoras e traballadores en corentena logo de ter trasladado pacientes que finalmente deron positivo en coronavirus.

Explican que polo excaso número de equipos de protección só se deben empregar os EPI cando desde o propio 061 se lles informe da sospeita ou confirmación de contaxio. Algo que non ocorreu nestes casos, que porén, finalmente foron positivos.

Sinalan ademais que nos dous casos as ambulancias seguiron traballando o resto da xornada logo destes servizos, tempo no que se que atenderon máis doentes, e que estas traballadoras marcharon aos seus domicilios coas súas familias e só horas despois foron informadas dos positivos detectados.

Comentarios