Maior estabilidade e mellora de condicións: preacordo no convenio de ambulancias

As asembleas de traballadores e traballadoras votarán en asemblea se están de acordo co texto, documento que se suma ao aporbado a mediados do mes pasado entre patronal e sector sobre condicións económicas.

ambulancias feches
photo_camera Un feche de persoal de Ambulancias nas mobilizacións por un convenio digno.

Após o preacordo económico acadado entre patronal e persoal acadado a mediados de marzo, a mesa negociadora do convenio de transporte sanitario de Galiza atinxiu un novo preacordo, este sobre as cuestións sociais e os puntos aínda pendentes. Como pasou co preacordo económico, serán as asembleas de traballadores e traballadoras –que teñen lugar esta terza feira- quen teñan a última palabra.

Desde os sindicatos indican que se contemplan importantes melloras na regulamentación dos contratos en prácticas e promove a estabilización dos cadros de persoal.

Este novo preacordo inclúe puntos fundamentais da plataforma reivindicativa destinados a atallar a precarización e o deterioro das condicións laborais que se viña producindo no sector, nomeadamente no relativo ao abuso da contratación en prácticas e á elevada temporalidade.

Un dos avances que se inclúen no texto refírese ao estabelecemento dun rexistro de xornada mensual que a empresa lle entregará ao traballador ou traballadora e á representación sindical nos 10 primeiro días do mes seguinte, o que permitirá realizar un control rigoroso sobre os excesos de xornada.

Comentarios