O PP, primeiro partido imputado por corrupción sobre a base da reforma do código penal de Gallardón
En pleno debate sobre a investidura, o xulgado de instrución 32 de Madrid cita o PP como imputado polo borrado dos ordenadores de Bárcenas.
En pleno debate sobre a investidura, o xulgado de instrución 32 de Madrid cita o PP como imputado polo borrado dos ordenadores de Bárcenas.
Exime a operari@s, centrais sindicais, beneficiari@s da Seguridade Social e funcionari@s do pagamento deste gravame.
Documentos, datas, imaxes... todo un conxunto documental a través do que se explican corenta anos do movemento feminista a loitar polo dereito ao aborto libre. O Álbum de Mulleres da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura galega publica as probas dunha longa reivindicación que o ministro Gallardón quere botar abaixo.
A Plataforma galega en defensa do dereito ao aborto convoca concentracións en vilas e cidades coincidindo coa aprobación do anteproxecto de reforma no Consello de Ministr@s.
O re-pagamento obrigaría a pagar un mínimo de entre 20 e 30 euros polas partidas de nacemento, de defunción ou por casar polo civil. Nesta semana realizaranse protestos na Coruña e en Ferrol.
O ministro de Xustiza español concede senllas entrevistas aos diarios conservadores ABC e La Razón nas que defende o anteproxecto de lei para a re-penalización do aborto como unha medida "xusta, humanista" e "progresista".
Líderes xuvenís como o presidente de Novas Xeracións, Javier Dorado, a delegada do Goberno español en Madrid, Cristina Cifuentes ou a ex-ministra de Sanidade con Aznar, Celia Villalobos, amosan un sutil desacordo coa reforma aprobada polo Consello de Ministr@s.
Con este anuncio, o Goberno español pechou neste último Consello de ministros unha tripla ofensiva contra o dereito a autodeterminación das mulleres sobre os seus corpos ao anunciar tamén que imporá a custodia compartida e que as nais que desexen ter crianzas en solitario e as lesbianas fican excluídas dos tratamentos de fertilidade na pública
Na reforma do Código Civil que aprobou o Concello de ministr@s a mediación familiar aparece como procedemento preferente para resolver conflitos pola custodia das crianzas
Aliás, reclama que non se sigan practicando recortes nin no ensino nin na saúde pois entende que ''estamos dentro dun barco e temos que o salvar xuntos, non ir botando xente ao mar''
Fallar, frustrar, malograr ou derramar, son palabras sinónimas de abortar. Nada agradable. As mulleres reivindican seren persoas con decisións propias. Esta aspiración tan lóxica e xusta enfróntase coa consideración que ten a igrexa católica sobre elas, así como os reaccionarios que exercen o poder e os que só exercen o poder sobre as mulleres. Para eles, non teñen categoría de persoas e cidadás libres. Son definidas como madres, mater- materia-, corpos. É verdade que non están preñadas todo o tempo, pero o seu destino é estalo, dixo Rousseau, un ilustrado! Que podemos esperar dos demais. Con esa gran reserva de madres, o sistema patriarcal obtén, gratuitamente, unha produción de gran valor. Como consecuencia, a creación feminina ha ser controlada polos donos do sistema. Dunha maneira ou doutra, todos os gobernos lexislan sobre que, canto, como, cando, as mulleres deben ou non parir. Na China non poden parir nenas. En ningún réxime, as mulleres poden decidir libremente.
A decisión das mulleres sobre o seu corpo queda en mans dunha ou dun profesional médic@. Con todo, foi este o suposto ao que máis se acolleron até a aprobación da lei de 2010, avocadas a alegar enfermidade psicolóxica para exerceren o dereito á interrupción do embarazo
O peor Ministro de Xustiza da historia moderna propón suprimirmos todos os partidos xudiciais de Galicia e concentrar todos os órganos xudiciais en cadanseu Tribunal.
Faino nunha entrevista concedida ao diario español El País en que asegura que presentaría a súa demisión antes de renunciar a un anteproxecto no cal cre firmemente. Acrecenta que o atraso nos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres non será de 30 anos. Ten razón: será aínda maior