Opinión

Concepción Arenal contradí a Gallardón

Fallar, frustrar, malograr ou derramar, son palabras sinónimas de abortar. Nada agradable. As mulleres reivindican seren persoas con decisións propias. Esta aspiración tan lóxica e xusta enfróntase coa consideración que ten a igrexa católica sobre elas, así como os reaccionarios que exercen o poder e os que só exercen o poder sobre as mulleres. Para eles, non teñen categoría de persoas e cidadás libres. Son definidas como madres, mater- materia-, corpos.  É verdade que non están preñadas todo o tempo, pero o seu destino é estalo, dixo Rousseau, un ilustrado!  Que podemos esperar dos demais. Con esa gran reserva de madres, o sistema patriarcal obtén, gratuitamente, unha produción de gran valor. Como consecuencia, a creación feminina ha ser controlada polos donos do sistema. Dunha maneira ou doutra, todos os gobernos lexislan sobre que, canto, como, cando, as mulleres deben ou non parir. Na China non poden parir nenas. En ningún réxime, as mulleres poden decidir libremente. 

A valoración da familia e a maternidade do réxime cavernícola actual foi xa contestada, a mediados do s. XIX,  por Concepción Arenal, a gran xurista galega que dedicou a vida á defensa das mulleres, á reforma penal e á causa obreira. Di: É un erro grave inculcar á muller que a súa misión única é a de esposa e nai; equivale a lle dicir que non pode ser nada de seu, e aniquilar nela a persoa, desde o punto de vista moral e intelectual. Os que menos consideran a muller, son os que máis se opoñen a que sexan postas en condicións de seren persoas. 

"As mulleres reivindican seren persoas con decisións propias. Esta aspiración tan lóxica e xusta enfróntase coa consideración que ten a igrexa católica sobre elas, así como os reaccionarios que exercen o poder e os que só exercen o poder sobre as mulleres".

Comprobámolo nas dificultades actuais para estudar , traballar ou cobrar o mesmo salario polo mesmo traballo que os homes. Para elas, máis paro, traballo precario…

É gratuita a suposición de que todas as mulleres poden dedicarse ao coidado incesante das súas criaturas. A inmensa mayoría necesitan traballar para mantelas, conclúe Arenal. A disminución de axudas ás nais ou de garderías e escolas infantís, prodúcese ao mesmo tempo que a entronización da madre e esposa.

A tan valorada “ama de casa” é un ser antisocial. Despreocúpase do social e redúcese á súa familia. Na sociedade é espectadora…Nin o entendemento nin a vontade a impulsan a cooperar eficaz e directamente na obra social. 

O primeiro que necesita a muller é afirmar a súa personalidade, independentemente do seu estado,  e persuadirse de que ten deberes que cumprir, dereitos que reclamar, un traballo que realizar e a idea de que a vida é una cousa seria.

Comentarios