O PP, primeiro partido imputado por corrupción sobre a base da reforma do código penal de Gallardón

En pleno debate sobre a investidura, o xulgado de instrución 32 de Madrid cita o PP como imputado polo borrado dos ordenadores de Bárcenas.

En pleno debate sobre a investidura, o xulgado de instrución 32 de Madrid cita o PP como imputado polo borrado dos ordenadores de Bárcenas.

O Partido Popular é a primeira formación política imputada como tal, como persoa xurídica, e éo en aplicación da reforma do código penal introducida en 2012 polo ministro de Xustiza, Ruíz Gallardón. Até ese momento partidos e sindicatos non podían ser penados pola corrupción dos seus dirixentes. O lexislativo estabeleceu naquel momento que os partidos poden delinquir como tais.

A imputación do PP -instada no seu día por IU e UPyD- realízase no cadro da causa aberta pola destrución e borrado dos discos duro dos dous computadores portáteis do seu ex tesoureiro, Luis Bárcenas.

Comentarios