Marín homenaxea aos que defenderon a liberdade
Memoria Histórica de Marín lembra os veciños fusilados en decembro de 1936. Unha cita que se repite anualmente o propio 31 de decembro.
Sermos O Diario Galego, esta semana en Marín, Vilalba, Monforte, Verín, O Barco, Foz, Sada, Negreira e Vilagarcía
Continuamos dando a coñecer o proxecto para a saída de Sermos O Diario Galego. Esta semana visitaremos Marín; Vilalba; Monforte; Verín; O Barco; Foz; Sada; Negreira e Vilagarcía de Arousa.
O Outono da memoria comeza esta sexta feira coa apresentación de 'Os nomes do terror'
Esta sexta feira 10 de novembro a Casa da Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis acollerá a partir das 20 horas a apresentación do libro Os nomes do terror (Sermos Galiza). Nela participarán dous dos seus autores, Pepe Álvarez e Xoán Carlos Garrido. A obra, que indaga na lista de represores que perpetraron crimes após o golpe fascista, achega información sobre os nomes destes verdugos e as súas formas de actuar.
A Xunta non pode coa defensa do Monte Pituco
O polígono Marín-Pornedo nunca ocupará o Monte Pituco, no concello de Marín. Xa non. A Asociación Monte Pituco vén de gañar a primeira sentenza pola defensa deste terreo, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarara firme a resolución xudicial que ordena a exclusión desta zona do Plan Sectorial de Ordenación de áreas Empresariais de Galicia.
O Peixegalego de Marín consegue o ascenso á Leb Ouro
Máis un equipo galego na Leb Ouro. O Club Peixegalego de Marín conseguiu o ascenso grazas á vitoria ante o Fragatas Morón, a undécima vitoria consecutiva.
Mar de Lumes organiza unha palestra sobre o conflito palestino
Contarán coa participación de Faiez Badawi, integrante da Fronte para a Liberación de Palestina.
Agustín Fernández Paz, Guadi Galego e Xaquín Marín, Premios da Crítica Galiza 2015
Agustín Fernández Paz, Xosé Ramón Pena, Guadi Galego, Cineuropa, Xaquín Marín, A Panadaría e Miguel Vila, gañadores dos Premios da Crítica Galiza 2015.
A Iniciativa pola Memoria esixe que se investigue o atentado fascista ao monumento de Marín
A Iniciativa Galega pola Memoria esixe a “pronta e fonda” investigación sobre o atentado ao monumento á memoria na Cruz de Maceira, en Marín. É a segunda vez que aparece pintado desde que se inaugurou hai dous anos.
Centos marchan en Marín en apoio á flota cefalopodeira
Ao berro de “nin a España nin a Europa lles importa a nosa flota”, a manifestación denunciaba o ano de inactividade desta flota por mor dunha decisión da UE. Desde a CIG alertan da posibilidade de ficaren definitivamente excluídos e mesmo de seren “moeda de cambio” dos intereses doutras flotas. Vídeo no interior
Até 1.500 persoas reclaman en Marín o retorno da flota cefalopodeira galega a Mauritania
Os barcos dos mariñeiros galegos foron expulsos dos caladoiros do país africano e fican amarrados desde finais de xuño. Reclaman que os gobernos galego e español medien coa UE para renegociar un novo acordo pesqueiro "que nos deixe traballar"